Salgueiro anano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salgueiro anano
Kriechweide Juist.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Malpighiales
Familia: Salicaceae
Xénero: Salix
Especie: S. repens
Nome binomial
'Salix repens'
L.

O salgueiro anano ou salgueiro rastreiro[1] Salix repens, é unha especie de salgueiro pertencente á familia das salicáceas. É un arbusto orixinario de Eurasia, estando presente en Galiza en brañas, lameiros e outras zonas húmidas.

Detalle das candeas (amentos)

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto rastreiro que acada un tamaño de 1 m de altura. Os talos deitados, decumbentes, radicantes e con pólas ergueitas, ao principio tomentosas, despois glabrescentes ou glabras, as adultas glabras, castaño-avermelladas, pardo-cinsentas ou negras; a casca dos talos vellos ás veces se exfolia. Follas alternas e ás veces opostas na base das pólas, até 2 × 1(1,5) cm, oblongo-transovadas, elípticas, lanceoladas, transovado-lanceoladas, ápice agudo recurvado, raramente obtuso, base arredondada, marxe revoluta, con poucos dentes ou enteiro; glabras, glabrescentes ás veces pubescentes, de cor verde escura olivácea pola face, pubescentes con pelos adpresos e seríceos, mais ás veces glabrescentes ou até completamente glabras e glaucas polo envés; pecíolo de menos de 0,5 cm, viloso, coa base alargada; estípulas reducidas a glándulas ou poucas veces presentes, lanceoladas. Amentos (candeas) 3 × 1 cm, alternos, poucas veces opostos, coetáneos ou subcoetáneos, laterais, ás veces subterminais, por rareza sésiles, ou ben sobre pedúnculos curtos con brácteas foliáceas; brácteas florais transovadas, oblongas, lanceoladas, con ápice obtuso ou emarxinado, normalmente máis escuro, aínda que moitas veces toda ela uniformemente escura, con longos pelos. Flores masculinas con estames de filamentos ceibos, pilosos, ás veces glabros; as femininas con pistilo pubescente, glabrescente e até glabro, sobre un longo pedicelo, estilo curto e estigmas bífidos ou mazudos.[2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase en zonas de areas soltas, nas dunas costeiras, prados de ribeira e na beira das brañas, lameiros e pantanos; a unha altitude entre os 0 e os 1500 metros no norte, oeste e centro de Europa, leste e centro de Asia. En Galiza é común nas zonas húmidas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Salix repens foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1020, no ano 1753.[3][4]

Citoloxía

Ten un número de cromosomas de: 2n = 38.

Sinonimia
  • Salix argentea Sm.
  • Salix microphylla Schleich.
  • Salix repens subsp. argentea (Sm.) A. Neumann & Rech. fil.
  • Salix repens var. angustifolia Gren. & Godr.
  • Salix repens var. argentea (Sm.) Wimm. & Grab.
  • Salix repens var. fusca W.D.J. Koch
  • Salix repens var. microphylla (Schleich.) C. Vicioso

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997
  2. Salgueiro anano en Flora Vascular
  3. Salgueiro anano en Trópicos
  4. Salgueiro anano en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Aldén, B., S. Ryman & M. Hjertson. 2009. Våra kulturväxters namn - ursprung och användning. Formas, Stockholm (Handbook on Swedish cultivated and utility plants, their names and origin). (Vara kulturvaxt namn)
  2. Czerepanov, S. K. 1995. Vascular plants of Russia and adjacent states (the former USSR). (L USSR)
  3. Encke, F. et al. 1984. Zander: Handwörterbuch der Pflanzennamen, 13. Auflage. (Zander ed13)
  4. Encke, F. et al. 1993. Zander: Handwörterbuch der Pflanzennamen, 14. Auflage. (Zander ed14)
  5. Huxley, A., ed. 1992. The new Royal Horticultural Society dictionary of gardening. (Dict Gard)
  6. Jalas, J. & J. Suominen. 1972–. Atlas florae europaeae. (Atlas Eur)
  7. Krüssmann, G. 1984. Manual of cultivated broad-leaved trees and shrubs (English translation of Handbuch der Laubgehölze. 1976). (Krussmann)
  8. Liberty Hyde Bailey Hortorium. 1976. Hortus third. (Hortus 3)
  9. Newsholme, C. 1992. Willows, the genus Salix. (Willows)
  10. Tutin, T. G. et al., eds. 1964–1980. Flora europaea. (F Eur)
  11. Tutin, T. G. et al., eds. 1993. Flora europaea, second edition. (F Eur ed2)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]