Saltar ao contido

Saleta Fernández López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSaleta Fernández López
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSantander Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltadora de altura Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Adestrado porRamón Torralbo
Ruth Beitia Editar o valor en Wikidata
Membro do equipo deportivoA Gándara, Ría de Ferrol, F.C. Barcelona, València Esports

IAAF: 14572180 Editar o valor en Wikidata

Saleta Fernández López, nada en Monforte de Lemos o 15 de xullo de 1997, é unha atleta galega especializada en salto de altura.[1]

Foi tres veces campioa de España absoluta (dúas en pista cuberta e unha ao aire libre) e na actualidade posúe o récord galego de altura, con 1,90 m. Tras pasar por varios clubs, actualmente compite co València Esports.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Saleta Fernández naceu en Monforte e fixo os seus primeiros estudos no colexio de A Gándara desta localidade, onde un profesor, Filipe Barata, apaixonado do atletismo, creou un club no colexio. A partir do ano 2009 Saleta comezou a gañar medallas, a primeira na categoría infantil a nivel galego e, a continuación, xa empezou a ir a campionatos nacionais.[3]

En idade xuvenil, aos 16 anos, trasladouse ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, do Consello Superior de Deportes de España, onde estudou o bacharelato.[4] Alí saltou 1,75 m. Pero, debido a que neste Centro non había un equipo de saltos, e non adestraba adecuadamente, por consello de Ruth Beitia, á que coñeceu nunha concentración da selección absoluta de España, trasladouse a Santander para adestrar con ela e co seu adestrador Ramón Torralbo. A olímpica Beitia falou cos pais de Fernández e acolleuna na súa casa.[3]

En 2014 proclamouse campioa galega tanto en pista cuberta como ao aire libre e foi seleccionada para os Xogos Olímpicos da Xuventude.[5][6][7][8]

O 18 de febreiro de 2018 proclamouse campioa de España absoluta en pista cuberta en Valencia, cun salto de 1,82 m.[9] Cinco meses despois gañou tamén a medalla de ouro no Campionato de España de Atletismo Sub-23, celebrado en Soria.[10] O 31 de agosto de 2019 saltou 1,90 m no Campionato de España ao aire libre disputado en La Nucía, conseguindo o ouro e batendo o récord galego que ela mesma posuía.[11] Tras varias medallas de prata, en febreiro de 2022 sumou o seu terceiro título absoluto de España, conseguindo o ouro en pista cuberta Ourense con 1,85 m.[12]

Despois de superar unha lesión, en febreiro de 2023 gañou a medalla de prata no Campionato de España en Pista Cuberta celebrado en Gallur, Madrid,[13] resultado que repetiu ao ano seguinte en Ourense, en ambas ocasións por detrás de Una Stancev.[14]

Estudou mercadotecnia, publicidade e relacións públicas na Universidade de Cantabria.[3]

Mellores marcas

[editar | editar a fonte]
Data Especialidade Lugar Marca [15]
7 de xuño de 2018 Salto de altura (aire libre) Soria 1,86 m [16]
11 de febreiro de 2018 Salto de altura (pista cuberta) Salamanca 1,84 m

Participacións en campionatos en 2018

[editar | editar a fonte]

Aire libre

[editar | editar a fonte]

Pista cuberta

[editar | editar a fonte]

Progresión

[editar | editar a fonte]

Aire libre

Ano Lugar Data Marca [18]
2018 Los Corrales de Buelna 2 de xuño de 2018 1,86 m
2017 Barcelona 23 de xullo de 2017 1,83 m
2016 Coslada 10 de xullo de 2016 1,76 m
2015 Xixón 22 de xullo de 2015 1,73 m
2014 Bakú 30 de maio de 2014 1,77 m
2013 Utrecht 18 de xullo de 2013 1,75 m

Pista cuberta

Ano Lugar Data Marca [18]
2018 Salamanca 11 de febreiro de 2018 1,84 m
2017 Salamanca 19 de febreiro de 2017 1,83 m
2016 Madrid 6 de marzo de 2016 1,83 m
2015 Valencia 8 de marzo de 2015 1,71 m
2014 A Coruña 12 de xaneiro de 2014 1,76 m
2013 A Coruña 9 de febreiro de 2013 1,67 m

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 2 de abril de 2018 Saleta Fernández foi recibida no concello de Monforte, antes da Feira Medieval, para recibir das mans do alcalde José Tomé Roca unha réplica do emblemático edificio dos Escolapios como recoñecemento aos méritos deportivos acadados; entre eles o recente Campionato de España de salto de altura. O alcalde aproveitou a ocasión tamén para pedirlle que asinase no libro de honra do consistorio e lembrou que co acordo acadado por unanimidade no pleno anterior as pistas de atletismo da Pinguela levarán o seu nome, e que en breve se colocará unha placa para tal fin. Saleta tivo palabras de agradecemento ao Concello, ao club e aos familiares presentes no acto por recoñecer non só os méritos e medallas que se acadan, senón tamén o traballo e o esforzo que hai detrás deles. Así mesmo agradeceu que se pensase nela para que as pistas leven o seu nome e indicou que aínda que lle parecía «excesivo» este mérito ía estar moi orgullosa desta honra.[19]

Efectivamente, os concelleiros do grupo dos Non Adscritos do concello de Monforte propuxeron que as pistas de atletismo da Pinguela levasen o nome de Saleta Fernández. A proposta saíu adiante no Pleno co voto favorábel de todo os grupos municipais. E o 7 de agosto de 2018 o alcalde, José Tomé, e a atleta monfortina descubriron unha placa nestas intalalcións deportivas, acompañados de familiares, amigos e membros da corporaración.[20] Saleta manifestou:

"Cando me falaron da proposta, a primeira sorprendida fun eu, pero a verdade é que estou moi orgullosa deste recoñecemento e de que as pistas leven o meu nome".[20]
  1. Saleta Fernández: «Entrenaba casi sola y Ruth me dijo: "Vente conmigo"» La Razón, 29 de outubro de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2018.
  2. Saleta Fernández estrena club. La saltadora gallega abandona el FC Barcelona Arquivado 31 de agosto de 2018 en Wayback Machine. en wangconnection.com, 29 de Outubro de 2016. Conultado o 31 de agoto de 2018.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Saleta Fernández: «El atletismo es un estilo de vida» La monfortina, la nueva esperanza del salto de altura, espera dar pronto un gran impulso". La Voz de Galicia, 16 de xullo de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
  4. «El fútbol está sobrevalorado» La Voz de Gaicia, 31 de agosto de 2018. Consultado ese mesmo día.
  5. "Campioas galegas en pista cuberta" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  6. "Campioas galegas ao aire libre" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  7. Saleta Fernandez, seleccionada para os Xogos Olimpicos de la Juventud (sic) Xunta de Galicia. Deporte Galego. Federación galega de Atelltimo. 27 de xuño de 2014. Consutado o 31 de agosto de 2018.
  8. El presidente de la federación gallega pronostica un gran futuro para la deportista local. La Voz de Galicia, 27 de xuño de 2014. Consutado o 31 de agosto de 2018.
  9. "Saleta Fernández campeona de España en salto de altura" (en castelán). 18 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  10. Saleta Fernández, campeona de España. Atlántico, 8 de xullo de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
  11. Conde, Luis (31 de agosto de 2019). "Saleta Fernández, campeona de España". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  12. Castro, Xosé Ramón (26 de febreiro de 2022). "Saleta Fernández le da a Galicia la primera medalla en el Nacional bajo techo de Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  13. "Saleta Fernández regresa con la medalla de plata en altura". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de febreiro de 2023. Consultado o 2 de abril de 2023. 
  14. "Belén Toimil e Saleta Fernández, primeiras medallas galegas no Campionato de España". Televisión de Galicia. 18 de febreiro de 2024. Consultado o 21 de febreiro de 2024. 
  15. Saleta Fernández. Marcas persoais. Perfil na web da IAAF.
  16. Saleta Fernández. Medalla de ouro de España. Perfil na web da IAAF.
  17. 17,0 17,1 Saleta Fernández. Competicións. Perfil na web da IAAF.
  18. 18,0 18,1 Saleta Fernándex. Progresión. Web da IAAF.
  19. A campioa de salto de altura Saleta Fernández recoñecida en Monforte Galicia Confidencial, 3 de abril de 2018. Conultado o 31 de Agosto de 2018.
  20. 20,0 20,1 As pistas de atletismo da Pinguela levan xa o nome de Saleta Fernández López na web do Concellllo de Monforte de Lemos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]