Saleta Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSaleta Fernández Fernández
Biografía
NacementoSéculo XX
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Actividade
Ocupacióntradutora
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 5350137


Saleta Fernández Fernández, nada en Vigo, é unha tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1992 e 1996 cursou o grao de tradución e interpretación na Universidade de Vigo.[1] Entre 2000 ao 2003 obtivo na mesma universidade o título de profesora de tradución xeral alemán-galego e alemán-español.[1]

Traballa sobre todo nos campos de turismo, mercadotecnia e publicidade, especializándose na tradución técnica: industria automotriz, maquinaria, e desenvolvemento de produtos: manuais de instrucións, páxinas web, catálogos etc.[1]

Xunto con Lara Santos e María Reimóndez foi unha das fundadoras da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) en 2001, e impulsora con elas de todas as iniciativas que viñeron despois.[2]

Entre as súas traducións de obras literarias destacan Novela de xadrez, do escritor austríaco Stefan Zweig, (traducida ao galego en tándem con Patricia Buxán)[3] e a tradución ao castelán do libro Contos de ida e volta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Saleta Fernández en Linkedin.
  2. Patricia Buján Otero AGPTI: Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, en lalinternadeltraductor.org (en castelán).
  3. Ficha en Cultura Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]