Saltar ao contido

Novela de xadrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Novela de xadrez
Imaxe
 Instancia de
 Título
Schachnovelle (de) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Representa a
 Ambientado en
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
século XX Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1942
1943 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
VIAF216327701 Editar o valor en Wikidata
Goodreads57593 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL5794364M Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02w8r_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
BNE: XX3301663
Wikidata C:Commons

Novela de xadrez é unha novela do escritor austríaco Stefan Zweig, escrita entre 1938 e 1941 e publicada de forma póstuma en 1944. Escrita en lingua alemá co título orixinal de Schachnovelle, foi traducida ao galego por Patricia Buxán e Saleta Fernández Fernández e publicada en 2004 por Ir Indo[1] e de novo con esa tradución por Irmás Cartoné en 2018[2]. O relato é unha crítica do nazismo e dos métodos da Gestapo; así mesmo, trata a incomunicación e o exilio forzoso do propio Zweig, que endexamais tornaría a Austria.[3]

Mirko Czentovič é un home rudo e ignorante, amais de campión mundial indiscutible de xadrez. Durante unha travesía en barco, algúns afeccionados enfróntase a el, sen chegar a supoñerlle un rival. Con todo, unha partida contra o enigmático Dr. B. acaba en táboas. A continuación, Czentovič, asombrado, pídelle o desquite.

A noite antes da reunión, o Dr. B. conta a súa historia, e o motivo que o leva a enfrontarse a un campión xadrecista. En realidade, o doutor B. fora vítima do nazismo, e torturado cun método concreto: o illamento absoluto. Ao bordo da loucura, resistiu grazas a un manual de xadrez co que bateu por casualidade. Centrou a súa atención no xogo, feito que lle permitiu librar centos de partidas mentalmente e asemade manter a cordura.

Versión cinematográfica

[editar | editar a fonte]

En 1960, Gerd Oswald adaptou ao cinema a novela Schachnovelle de Zweig. O actor Mario Adorf interpretou a Czentovič mentres que Curd Jürgens fixo de Dr. B.[4]

O compositor español Cristóbal Halffter compuxo unha ópera co mesmo título a partir da obra de Zweig, que foi estreada en Kiel (Alemaña) en 2013.[5]

  1. Ficha en Cultura Galega.
  2. Recensión da obra, lecturafilia.com.
  3. Resumo Arquivado 24 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. da obra. (en alemán)
  4. "Schachnovelle". Schachnovelle. Consultado o 22-08-2018.
  5. "Cristóbal Halffter. Schachnovelle" (en inglés). Universal Edition. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]