Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, coñecida a miúdo polo acrónimo AGPTI, é unha asociación galega do ámbito de tradución. Creouse no ano 2001 coa finalidade de servir de plataforma de comunicación entre profesionais para a defensa dos intereses dos traballadores da tradución e da interpretación. Tamén ten entre os seus obxectivos a difusión da lingua galega como lingua de traballo neste sector e contaba en 2015 con algo máis de 100 membros[1].

A AGPTI forma parte da rede Vértice, que agrupa asociacións de tradución e interpretación de ámbito estatal.

En 2015 estaba presidida por Patricia Buxán.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]