Patricia Buxán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patricia Buxán
Nacementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióntradutor e editor literario
Na rede
Dialnet: 1163320
editar datos en Wikidata ]

Patricia Buján Outeiro[1] é unha docente, editora e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo no ano 1998, especializouse na combinación de linguas alemá e inglesa cara ao galego e ao castelán. É así mesmo profesora asociada desa universidade, no departamento de Tradución e Lingüística[2].

Foi presidenta da AGPTI entre 2012 e 2016. En novembro dese ano entrou a formar parte do equipo editorial de Catro Ventos, en labores tanto de edición como de tradución.

Como tradutora, verteu ao galego obras de Stefan Zweig, Rachel Carson ou George Steiner[3]. Realizou traballos para diversas editoriais galegas, entre as cales se contan Edicións Xerais de Galicia[4], Galaxia ou Irmás Cartoné.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Novela de xadrez, Stefan Zweig, traducido conxuntamente con Saleta Fernández Fernández (Ir Indo, 2004)
  • A medición do mundo, Daniel Kehlmann (Editorial Galaxia, 2006)
  • Ningún bico para mamá, Tomi Ungerer (Edicións Xerais de Galicia, 2007)
  • Así comezou todo, Jürg Schubiger / Franz Hohler (Edicións Xerais de Galicia, 2007)
  • O retorno, Bernhard Schlink (Editorial Galaxia, 2008)
  • O pequeno señor Paul, Martin Baltscheit (Edicións Xerais de Galicia, 2008)
  • A fama: novela en nove historias, Daniel Kehlmann (Editorial Galaxia, 2009)
  • George Steiner en The New Yorker, George Steiner, traducido conxuntamente con Lara Domínguez e Saleta Fernández (Edicións Xerais de Galicia, 2010)
  • Ás veces quero morrer coa risa, Birgit Schlieper / Nina Stahl (Editorial Galaxia, 2013)
  • Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral, Albert Einstein (Consello da Cultura Galega, 2017)
  • Mocidade sen deus, Ödön von Horváth (Irmás Cartoné, 2018)
  • Novela de xadrez, Stefan Zweig, traducido conxuntamente con Saleta Fernández Fernández (Irmás Cartoné, 2018)
  • O libro dos océanos. Que ameaza o mar, Esther Gonstalla (Catro Ventos Editora, 2018)
  • O sentido do abraio. A celebración da natureza para persoas de todas as idades, Rachel Carson (Catro Ventos Editora, 2019)
  • Feminismo para o 99 %. Un manifesto, Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser (Catro Ventos Editora, 2019)
  • O libro do clima. Todo o que cómpre saber sobre o cambio climático, Esther Gonstalla (Catro Ventos Editora, 2020)
  • A degradación invisible do solo, Gerd M. Neugebauer (Catro Ventos Editora, 2020)
  • E agora que, homiño?, Hans Fallada (Irmás Cartoné, 2020)
  • O perfume, Patrick Süskind (Faktoría K, 2021).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En fontes biliográficas anteriores a 2021 figuraba con Otero como segundo apelido, no canto de Outeiro: https://www.kalandraka.com/o-perfume-galego.html Arquivado 27 de setembro de 2021 en Wayback Machine.
  2. Ficha, Uvigo.gal.
  3. Ficha biográfica en uvigo.es.
  4. Perfil, dialnet.unirioja.es (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]