Sacha na Horta é un grupo de música xurdido en 2007. O grupo xurdiu no competición musical A polo ghit, organizada pola Radio Galega e Vieiros. Gañaron o primeiro premio coa súa canción "Biocultivos", elixida como canción galega do verán[1]. O premio era unha viaxe a Cuba para actuar na Feira do Libro da Habana. En 2008 deron o seu primeiro concerto no Centro Social da Gentalha do Pichel[2]. Os membros do grupo veñen doutros grupos como Os Festicultores, A Matraca Perversa ou Galegoz.