Saltar ao contido

Rupicapra rupicapra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rupicapra rupicapra
Rupicapra rupicapra
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
R. rupicapra Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Rebezo Editar o valor en Wikidata
Características
 Fonte de
 Hábitat
Conservación
Localización
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
SubfamiliaCaprinae
XéneroRupicapra
EspecieR. rupicapra
Datas
 Duración máxima de vida
17.6 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
170 d
6 m Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01tw48 Editar o valor en Wikidata
UNIILXL15U07U4 Editar o valor en Wikidata
ITIS625159 Editar o valor en Wikidata
OTT798039 Editar o valor en Wikidata
UICN39255 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Rupicapra rupicapra, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos,[1] unha das dúas que integran hoxe o xénero Rupicapra, que poderiamos denominar rebezo setentrional,[2] para non confundir coa outra especie, Rupicapra pyrenaica, o rebezo dos Pireneos ou rebezo propiamente dito.

Esta especie introduciuse na República Checa, nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como na illa sur de Nova Zelandia e na Arxentina.

Algunhas das súas subespecies están estritamente protexidas na UE pola Directiva Europea de hábitats.[3]

Durante moito tempo a maioría dos autores clasificaron a todos os individuos do xénero Rupicapra na especie Rupicapra rupicapra, pero algúns consideraban, desde hai moitos anos, aos integrantes das subespecies das montañas do sur de Europa, como os Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos, como unha especie á parte, Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.[4]

Características

[editar | editar a fonte]

Aspecto xeral

[editar | editar a fonte]

Aparencia similar á dunha cabra, con manchas cololreadas de gran contraste na cabeza; o pescozo é relativamente longo, sen barbas, pero cunha longa crina no colo e no lombo. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son finos, dirixidos primeiro cara a arriba e despois curvados cara a atrás, algo máis curvados nos machos cá nas femias.[5][6]

Dimensións

[editar | editar a fonte]

É moi semellante a Rupricapra pyrenaica, pero máis pesado. A súa lonxitude é de entre os 110 e os 130 cm (aos que hai que engadir de 3 a 4 cm da cola); a altura na cruz é de 70 a 80 cm, e o peso de 30 a 50 kg (noa machos) e de 25 a 42 kg (nas femias).[5][6]

Coloración

[editar | editar a fonte]

En verán, a capa é de cor amarela pálida ou parda amarelada clara, cunha franxa ondulada máis escura. No inverno é de cor parda escura, co debuxo ben visíbel. As partes ventrais sempre son algo máis claras có resto da pelaxe.[5][6]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Orixinariamente moi restrixido aos bosques, especialmente en montañas de ladeiras moi pendentes e rochosas; bosques caducifolios ou de coníferas, e bosques mixtos. Porén, frecuenta tamén terreos rochosos por riba do límite dos bosques (especialmente polo verán.[5][6]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Vive nas cadeas montañosas da Europa central e meridional, Cáucaso e Asia Menor. Foi introducido nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como en Nova Zelandia,[6] na República Checa e na Arxentina.[7]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

É sobre todo un animal diúrno, raramente activo durante a noite. Descansa no mediodía, especialmente nos días caloros do verán. Forma pequenos rabaños compostos polas femias, as súas crías e individuos xuvenía de ambos os sexos, guiados por unha femia vella. En outono e onverno os grupos son máis numerosos (incluso chegan a estaren formados por máis de cen individuos). Os machos son solitarios, especialmente no verán, ou viven reunidos en pequenos grupos; reúnense coas femias na época de celo.[5][6]

Moi áxiles, marchan con paso regular, ao galope, raramente ao trote; saltan e gabean moi ben polas rochas. nadan, aínda que so o fan cando é necesario. Teñen un bo sentido da vista. Cando senten algún perigo emiten unha especie de asubío o dos machos, máis rouco); tamén producen un bear tremoroso, semellante ao das cabras domésticas, especialmente os xuvenís, e as femias chamando ás súas crías. Na época de celo os mechos tamén emiten un son rouco e gutural.[5][6]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de gramíneas, outras plantas herbáceas, follas, gromos, musgos, liques, cascas de árbores e arbustos e arumes de coníferas.[6]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O apareamento prodúcese desde outubro até decembro. A xestación dura uns 6 meses. Os partos ocorren entre maio e xuño. As femias paren xeralmente unha soa cría, que xa pode seguir á nai pouco despois de nacer. A cría é aleitada durante seis meses, pasados os cales independízase. Alcanzan a madurez sexual aos tres anos. A súa esperanza de vida é de 15 a 20 anos.[6]

Os principais depredadores desta especie son o lince e o lobo; para os animais novos e débiles tamén a aguia real, o quebraosos, o corvo carnazal, o oso pardo e o raposo común. Así mesmo, sofre a caza por parte do home.[6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 polo naturalista sueco Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Capra rupicapra.[1] Posteriormente, despois de que en 1816 o naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville creara o xénero Rupicapra, foi reclasificada neste xénero.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Véxase a etimpoloxía e Rupicapra

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Segundo o Mammal Species of the World, na especie Rupricapra rupicapra recoñécense na acualidade as subespecies seguintes:[1]

Rupicapra rupicapra (Linnaeus, 1748)

Porén, algúns autores consideran algunha máis: dúas, no NCBI e máis na EOL:[9][10]

Ou unha, na UICN:[7]

  • Rupicapra rupicapra cartusiana
  1. 1 2 3 Rupicapra rupicapra no MSW.
  2. Adaptación do inglés Northern Chamois.
  3. "Directive 92/43/EEC of 21 May 1992 on the conservation of natural habitats and of wild fauna and flora".
  4. Grubb, P. (2005): "Order Arthiodactila" en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. pp. 711–712. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  5. 1 2 3 4 5 6 Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971), p. 172.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987), pp. 234-235.
  7. 1 2 Aulagnier, S.; Giannatos, G. & Herrero, J. (2008): Rupicapra rupicapra na Lista vermella da UICN.
  8. 1 2 Mineral Supply and Fertility of Chamois
  9. Rupicapra rupicapra no NCBI.
  10. 1 2 3 Rupicapra rupicapra na EOL.
  11. Alekperov, Kh. M.; Yerofeyeva, S. N. & Rakhmatulina, I. K. (1976): Contemporary status of certain selected species of mammals in Azerbaijan. Rare Mammals of the USSR Fauna, pp. 35-42. Naukahukotka, Moscow, Russia.
  12. Durov, V. V. (1977): "Distribution and numbers of the chamois population in the north-west Caucasus". Rare species of mammals and their protection, pp. 205-206. Nauka, Moscow, Russia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nowak, R. M., ed. (1991): Walker's Mammals of the World (Fifth Edition). Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Pérez, T.; J. Albornoz & A. Domínguez (2002): "Phylogeography of chamois (Rupicapra spp.) inferred from microsatellites". Molecular Phylogenetics and Evolution 25 (3): 524-534.
  • Shackleton, D. M., ed. & IUCN/SSC Caprinae Specialist Group (1997): Wild Sheep and Goats and their Relatives. Status Survey and Action Plan for Caprinae. IUCN: Gland, Switzerland & Cambridge, UK. ISBN 978-2-8317-0353-0.
  • Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4.
  • Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Walther, F. R. (1990): "Chamois (Genus Rupicapra). In Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Edited by S. P. Parker. Nova York: McGraw-Hill. Volume 5, pp. 495–497.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]