Cousas que trouxo a chuvia
Cousas que trouxo a chuvia é unha obra de teatro escrita e dirixida por Roberto Salgueiro. Foi estreada en decembro de 2016 pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no Salón Teatro da vila compostelá[1].
A obra desenvólvese arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. As protagonistas, tres mulleres, contan historias cotiás sobre os veráns da infancia no campo: un pai ausente, unha nai que amasaba, a seriedade dunha profesora de ballet ou a fábrica na que se traballaba de sol a sol.
O elenco de actores na presentación da obra estivo formado por Julia Ammerman ao piano, Lara Pouso, Carmen Tomás e Alba López.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cousas que trouxo a chuvia. Ficha na web da Aula de teatro da USC.