Rexións autónomas da República Popular da China
Unha rexión autónoma (en chinés: 自治区, pinyin: zìzhìqū) é unha división administrativa da China de primeiro nivel. Ó igual que as provincias chinesas, unha rexión autónoma ten o seu propio goberno local, pero unha rexión autónoa ten máis dereitos lexislativos. Unha rexión autónoma é unha entidade que ten unha alta poboación dun grupo étnico minoritario en particular.
A rexión da Mongolia Interior foi estabelecida en 1947; Xinjiang fíxose autónoma en 1955; Guangxi e Ningxia en 1958, e o Tíbet en 1965. A designación de estabelecer Guangxi e Ningxia como áreas autónomas dos pobos zhuang e hui, respectivamente, foi moi protestada polos han, que representan dous terzos da poboación en cada rexión. Malia que os mongois supolían aínda menos porcentaxe de poboación en Mongolia Interior, a Guerra civil chinesa deu pouca oportunidade para protestar.[1]
Lista de rexións autónomas
[editar | editar a fonte]Minoría | Nome en galego | Chinés simplificado Pinyin |
Nome local Romanización (Lingua) |
Abreviación | Capital |
---|---|---|---|---|---|
Zhuang | Guangxi | 广西壮族自治区 Guǎngxī Zhuàngzú Zìzhìqū |
Gvangjish Bouxcuengh Swcigih (zhuang) | 桂 Guì (GZAR) |
Nanning (南宁; Nanzningz) |
Mongois | Mongolia Interior | 内蒙古自治区 Nèi Měnggǔ Zìzhìqū |
ᠦᠪᠦᠷ ᠮᠣᠩᠭᠤᠯ ᠤᠨ ᠥᠪᠡᠷᠲᠡᠭᠡᠨ ᠵᠠᠰᠠᠬᠣ ᠣᠷᠣᠨ Öbür mongγol-un öbertegen zasaqu orun (mongol) |
內蒙古 Nèi Měnggǔ (IMAR) |
Hohhot (呼和浩特; ᠬᠥᠬᠡᠬᠣᠲᠠ) |
Tibetanos | Tíbet (Rexión Autónoma de Xizang) |
西藏自治区 Xīzàng Zìzhìqū |
བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས། Poi Ranggyong Jong (tibetano) |
藏 Zàng (TAR) |
Lhasa (拉萨; ལྷ་ས།) |
Uigures | Xinjiang | 新疆维吾尔自治区 Xīnjiāng Wéiwú'ěr Zìzhìqū |
شىنجاڭ ئۇيغۇر ئاپتونوم رايونى Xinjang Uyĝur Aptonom Rayoni (uigur) |
新 Xīn (XUAR) |
Ürümqi (乌鲁木齐; ئۈرۈمچی) |
Hui | Ningxia | 宁夏回族自治区 Níngxià Huízú Zìzhìqū |
Os hui falan chinés | 宁 Níng (NHAR) |
Yinchuan (银川) |
Demografía
[editar | editar a fonte]Composición étnica
[editar | editar a fonte]Composición étnica das rexións autónomas das en datos porcentuais (2000).
Rexión | Grupo étnico titular | Han | Terceiro grupo étnico |
---|---|---|---|
Xinjiang (Uigur) | 45,21% | 40,58% | 6,74% (Casacos) |
Tíbet (Tibetanos) | 92,8% | 6,1% | 0,35% (Hui) |
Mongolia Interior (Mongois) | 17,13% | 79,17% | 2,14% (Manchú) |
Ningxia (Hui) | 33,9% | 65,5 % | 1,16% (Manchú) |
Guangxi (Zhuang) | 32,0% | 62,0 % | 3,0% (Yao) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dreyer, June Teufel (1997). MIT Press, ed. Government Policies and Ethnic Relations in Asia and the Pacific. p. 365.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: China |