Mongolia Interior
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | República Popular da China | ||||
| Capital | Hohhot (pt) | ||||
| Contén a división administrativa | Alxa League (en) Baotou (pt) Bayan Nur (pt) Chifeng (pt) Hinggan League (en) Hohhot (pt) Hulunbuir Ordos (pt) Tongliao (en) Ulanqab (en) Wuhai (pt) Xilingol League (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.706.321 (2010) | ||||
| Lingua usada | Southern Mongolian (en) Bargu-Shineken Buriyad (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.181.104 km² | ||||
| Punto máis alto | Helan Mountains (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1947 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Bu Xiaolin (en) Wang Lixia (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Inner Mongolian Autonomous Regional People's Congress (en) | ||||
| PIB nominal | 1.735.980.000.000 ¥ (2020) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | CN-NM e CN-15 | ||||
| Sitio web | nmg.gov.cn | ||||
Mongolia Interior (en mongol:
Öbür Monggol e cirílico: Өвөр Монгол, Övör Mongol, en chinés: 内蒙古), oficialmente coñecida como Rexión Autónoma de Mongolia Interior (ᠦᠪᠦᠷ
ᠮᠣᠩᠭᠤᠯ ᠤᠨ
ᠥᠪᠡᠷᠲᠡᠭᠡᠨ
ᠵᠠᠰᠠᠬᠣ
ᠣᠷᠣᠨ), é unha rexión autónoma da República Popular da China, que se atopa no norte do estado. Contén a maior parte da fronteira da China con Mongolia (o resto da fronteira entre a China e Mongolia está na rexión autónoma de Xinjiang e na provincia de Gansu) e un pequeno anaco da fronteira con Rusia. A súa capital ié Hohhot, e outras cidades salientables son Baotou, Chifeng e Ordos.
A Rexión Autónoma foi estabelecida no ano 1947, incorporando as áreas das provincias da antiga República da China, Suiyuan, Chahar, Rehe, Liaobei e Xing'an, xunto coas partes setentrionais de Gansu e Ningxia. É a terceira meirande subdivisión da China, abranguendo aproximadamente 1 200 000 km² ou o 12% da área total da China. Segundo o censo de 2010, tiña unha poboación de 24 706 321 de persoas, representando o 1,84% da poboación total do estado. Mongolia Interior é a 23ª división administrativa máis poboada do país.[1] A maioría da poboación é da etnia han, cunha salientable minoría mongol. As linguas oficiais son o mandarín e o mongol, sendo a última escrita en escritura tradicional mongol, ó contrario que o alfabeto cirílico que é empregado polo estado de Mongolia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ stats.gov.cn (ed.). "TABULATION ON THE 2010 POPULATION CENSUS OF THE PEOPLE'S REPUBLIC OF CHINA".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mongolia Interior |
| A Galipedia ten un portal sobre: China |

