Qinghai
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | República Popular da China | ||||
| Capital | Xining | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.930.000 (2010) | ||||
| Lingua usada | Wutun (pt) Kangjia (en) Tibetano Amdo (pt) Tibetano khams (pt) lingua kazaka Língua bonã (pt) Eastern Yugur (en) Tsat (en) Língua salar (pt) Língua monguor (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 696.700 km² | ||||
| Punto máis alto | Bukadaban Feng (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1928 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Liu Ning (en) Wu Xiaojun (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Q106088413 | ||||
| PIB nominal | 300.590.000.000 ¥ (2020) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | CN-QH e CN-63 | ||||
| Sitio web | qh.gov.cn | ||||
Qinghai (en chinés: 青海; pinyin: Qīnghǎi; Wade-Giles: Ch'ing1-hai3) é unha provincia interior da República Popular da China, situada entre o centro e o oeste do país. O seu nome provén do lago Qinghai, o máis extenso do país, con 4.635 km², cuxo nome significa mar azul en lingua chinesa.
Trátase dunha das provincias chinesas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores. Esta baixa poboación da provincia explícase polo clima extremo, con invernos moi fríos e veráns moi quentes, xa que xeograficamente a provincia é unha prolongación natural da meseta do Tíbet.
En Qinghai nacen tres dos ríos máis caudalosos e longos do planeta: os ríos Mekong, Yangtzé e Huang He. Tamén é o lugar de nacemento de Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, que recibiu en 1989 o Premio Nobel da Paz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Qinghai |
