Pobo hui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pobo hui
Hui man.jpg
Ancián hui.
Poboación
Poboación total:
Total: 10 586 087 (2011)
Rexións principais:
Flag of the People's Republic of China.svg China 10,5 millóns
Aspectos culturais
Lingua mandarín, dungan, persa
Relixión sunnismo[1]
Grupos
relacionados
dungan, panthay, dongxiangs e han

Os hui (en chinés: 回族, Xiao'erjing: خُوِذُو; dungan: Хуэйзў, Xuejzw) son un grupo étnico que se compón principalmente por musulmáns da fe sunní que viven na China, concentrándose as súas poboacións nas provincias do noroeste e Zhongyuan. Segundo o censo de 2011, China é o fogar 10,5 millóns de hui, a maioría dos cales fala chinés e practican o islam, malia que algúns practican outras relixións.

O pobo hui é étnica e lingüísticamente semellante ós han[2] coa excepción de que a maioría deles practica o islam,[3] o que implica varias características culturais distintivas. Por exemplo, como musulmáns seguen as leis da dieta islmámica e non consomen a carne de porco, a carne máis consumida na China.[4]

Os hui son un dos 56 grupos étnicos recoñecidos pola China. O goberno defino o pobo hui como o que abrangue historicamente a tódolos musulmáns que non están presentes en ningún outro grupo étnico da China[5] Os hui falan predominantemente chinés.[3] De feito, o grupo étnico hui é único entre as minorías chinesas por estar asociado a unha lingua sinítica.[6]

As principais poboacións hui concéntranse no noroeste da China (Ningxia, Gansu, Qinghai, Xinjiang), pero existen comunidades en todo o país, Pequín, Mongolia Interior, Hebei, Hainan e Yunnan.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Economist, ed. (8 de outubro de 2016). "By choosing assimilation, China’s Hui have become one of the world’s most successful Muslim minorities". Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  2. Esposito 2000, p. 443-444.
  3. 3,0 3,1 Gladney 1996, p. 20.
  4. Gladney 1996, p. 13 Quote: "In China, pork has been the basic meat protein for centuries and regarded by Chairman Mao as 'a national treasure'"
  5. Lipman 1997, p. xxiii ou Gladney 1996, pp. 18–20 Alén do pobo hui, outros nove grupos étnicos oficialmente recoñecidos son considerados predominantemente musulmáns. Estes nove grupos están definidos polas súas diferenzas lingüísticas: seis pobos de linguas turcas (uigures, casacos, kirguiz, salar, uzbecos e tártaros), dous pobos de linguas mongólicas (dongxiang e bonan), e un pobo de lingua irania (taxicos).
  6. Por suposto, moitos membos de minorías chinesas non falan a súa lingua tradicional, como é o caso do pobo manchú que xa non fala a súa lingua nativa; pero a lingua manchú conta con numerosos rexistros históticos. Porén, os devanceros dos actuais hui son predominantemente falantes nativos de chinés dende a dinastía Ming (Lipman (1997), p. 50.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]