Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Os yao (en chinés:瑶族, pinyin: Yáo zú; en vietnamita:người Dao) constitúen unha clasificación étnica oficial na República Popular da China e Vietnam e que abrangue pobos que falan diferentes linguas[1]. Son un dos 56 grupos étnicos oficialmente recoñecidos da China e reside nas zonas montañosas do suroeste e do sur do país. Tamén é un dos 54 grupos étnicos oficialmente recoñecidos por Vietnam. No último censo de 2000, había 2637421 na China e arredor de 470000 en Vietnam.
Barker, Judith C., e Saechao, Kaochoy. "A Household Survey of Older Iu-Mien Refugees in Rural California." Journal of Cross-Cultural Gerontology 12.2 (1997): 121-143.