Razamonde, Razamonde, Cenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Razamonde

Portada da igrexa de Santa María de Razamonde.
ParroquiaRazamonde
ConcelloCenlle
Coordenadas42°19′55″N 8°03′07″O / 42.331959093523, -8.0518084822129Coordenadas: 42°19′55″N 8°03′07″O / 42.331959093523, -8.0518084822129
Poboación86 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Razamonde é un lugar da parroquia de Razamonde no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 86 habitantes (44 homes e 42 mulleres). Atópase a carón da estrada N-120 que une Vigo e Ourense.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Razamonde é de orixe románica. Conserva importantes restos da fábrica orixinal, se ben foi restaurada con posterioridade.

A Porta Sur, alta e estreita de arco de medio punto, cunha grosa mediacana e unha ringleira de molduras perladas acabando no exterior cunha banda axadrezada. O arco apoiase nunha imposta con follas encorvadas e dúas columnas con basas e garras nos ángulos e capiteis; un con dúas pombas enfrontadas, bebendo dunha cunca alta e estreita, e o outro con tallos cruzados con follas pendentes. O texaroz en bisel perlado descansa en canecillos de follas enroladas, piñas, motivos xeométricos, e un deles cun curioso frade lendo nun libro.

No interior ten un altar maior un magnífico retablo de fins do século XVI ou XVII, con 18 baixorrelevos en madeira que representan distintas escenas do Evanxeo, e quizais os misterios do Rosario. No camarín central unha imaxe da virxe; e nas credencias, relevos representando a Creación, o Pecado Orixinal, a Gloria, o Purgatorio, o Limbo e o Inferno.

Das xoias conservadas destacan dous cálices antigos restaurados, unha naveta de prata e unha cruz parroquial do s. XVI tamén de prata, obra do ourive compostelán Marcos Fernández.

Nas proximidades da igrexa hai un sinxelo cruceiro.

Historia[editar | editar a fonte]

A igrexa de Razamonde e o lugar cos seus termos foron doados polo rei de Galicia Afonso VII, en 1137 ao Convento de San Paio de Antealtares, ao mesmo tempo que Campo Redondo cos seus cotos, donazón confirmada polo mesmo emperador en 1142 a instancia do arcebispo compostelán Pedro Elías e polo papa Gregorio X en Bula do 1º de decembro de 1272.

En 1380, reunido en Medina del Campo unha especie de concilio para decidirse entre Urbano VI e Clemente VII que disputaban o pontificado o Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago queixouse dos señores que se apoderaban das súas rendas e obtivo despacho do rei Xoán I mandando a Pedro Ruiz Sarmiento que lle restituísen o couto de Razamonde.

En 1505 a Chancelería de Valladolid despachou sentenza no mesmo senso contra o Conde de Ribadavia.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Razamonde[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Razamonde no concello de Cenlle

O Barral | Erbededo de Abaixo | Erbededo de Arriba | Lagarellos | Lameiro do Monte | Razamonde | Xubín

Parroquias de Cenlle[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Risco, Vicente, Geografía General del Reino de Galicia, Tomo XI. Ediciones Gallegas, S.A. (1980).