Raquel Casal García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raquel Casal García
Nacemento1944
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriadora e arqueóloga
Filloscatro
editar datos en Wikidata ]

Raquel Casal García, nada en Pontevedra o 16 de decembro de 1944, é unha historiadora e arqueóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato en Pontevedra. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967) coa tesiña La imaginería religiosa en Pontevedra, é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1981). Foi profesora axudante de Arqueoloxía (1969-1982) e profesora adxunta dende 1982.

Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do Seminario de Estudos Galegos

Fixo escavacións nos castros de Neixón (Boiro) e Troña (Ponteareas) e no castelo da Rocha (Padrón).

Foi subdirectora xeral do Patrimonio Histórico Artístico (1983-84), directora xeral do Patrimonio Artístico e Monumental (1984-86) e directora xeral de Cultura (1986-88).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]