Rafael Sisto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Carlos Sisto Edreira
Rafael Sisto
Rafa Sisto en 2017.

Escudo de Teo.svg
Alcalde de Teo
Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Martiño Noriega

Datos persoais
Nacemento 30 de xaneiro de 1963
Teo, Galicia
Partido Son de Teo
Profesión Profesor
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela

Na rede
Dialnet: 565029

Rafael Carlos Sisto Edreira, nado Luou (Teo) o 30 de xaneiro de 1963, é un político galego. Actualmente é o alcalde de Teo, pola formación Son de Teo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Químicas e doutorado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Ensinanza Secundaria. Concelleiro en Teo dende as eleccións municipais de 2003, nas cales foi elixido como número 2 do BNG, situándose na oposición. Trala vitoria do BNG nas municipais de 2007 pasou a ser tenente de alcalde e ocupar diversas responsabilidades de goberno, baixo o mandato de Martiño Noriega. Continuou tras revalidar o BNG o goberno con maioría absoluta nas municipais de 2011. En marzo de 2012, xunto con Noriega e outros 5 concelleiros, abandonou o BNG trala marcha do Encontro Irmandiño da formación, pasando a constituír posteriormente Anova-Irmandade Nacionalista. No 2013 foi elixido membro da Coordinadora Nacional do novo partido[1].

Nas eleccións municipais de 2015, trala marcha de Martiño Noriega a Santiago de Compostela, encabezou a candidatura de Son de Teo-ANOVA e logrou a alcaldía, tras sela forza máis votada, e estableceu un pacto de goberno co PSdeG liderado por Uxía Lemus. Ademais da alcaldía tamén asumeu as áreas de Persoal, Economía e Facenda, Saneamento e Abastecemento, Medio Natural e Lingua do Concello.[2] No tramo final do mandato sumouse á porposta do seu antecesor Martiño Noriega, entón alcalde compostelán, de fusionalo concello da capital cos municipios de Teo, Ames ou Val do Dubra[3]. Nas eleccións municipais de 2019 sufreu unha considerable desfeita ó pasar de 7 a 4 concelleiros, converténdose o PPdeG en primeira forza pese a estancarse en 7 edís, e cos seus socios do PSdeG-PSOE empatando a 4 edís con eles, se ben seguían contando con máis votos. Desta maneira, finalmente acadou de novo a alcaldía[4], renovando o pacto de goberno cos socialistas de Uxía Lemus pero necesitando o apoio dos 2 edís do BNG na investidura. En outubro de 2021 expulsou ós concelleiros socialistas do executivo local e continuou gobernando en minoría[5].


Predecesor:
Martiño Noriega Sánchez
 Escudo de Teo.svg
Alcalde de Teo
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]