Rally da Coruña de 1992
Rally Cidade da Coruña de 1992 | |
---|---|
Categoría | España Galicia |
Organizador | Escudería La Coruña |
Ámbito | Nacional Rexional |
Superficie | Asfalto |
Gañadores | |
Piloto campión | Germán Castrillón |
Participantes | |
Pilotos | 74 |
Anterior | Rally da Coruña de 1991 |
Seguinte | Rally da Coruña de 1993 |
O Rally da Coruña de 1992 foi a 10ª edición de dito rally. Foi a sexta proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 5 de setembro de 1992 e o vencedor foi o cabanés Germán Castrillón.[1]
Resumo[editar | editar a fonte]
Dos 74 pilotos que tomaron a saída na praza de María Pita, 42 conseguiron completar o rally. O peruano Ramón Ferreyros colocouse líder no primeiro treito e foi o máis rápido en catro dos seis primeiros tramos, ata que rompeu o motor na segunda pasada por Aranga.[2] O noiés Arturo Rial púxose entón en cabeza e mantívose así ata o primeiro paso por Soandres, na sección nocturna, onde tivo que abandonar ao romper un palier do seu Citroën AX Sport. A súa praza foi ocupada temporalmente polo ponferradino Antonio Garrido, cunha escaso marxe sobre Germán Castrillón. Os dous pilotos repartíronse os restantes treitos (Meirama, Xalo e Soandres) e chegaron ao decisivo treito final con Castrillón liderando por só catro segundos. Os 10,2 km da terceira pasada por Soandres decidiron a carreira a favor de Castrillón, que marcou o mellor tempo e rematou o rally con 13 segundos sobre Aguirre. O coruñés Roberto Blach, cun Peugeot 309 GTI, subiu ao terceiro caixón do podio.[1]
Igual que Rial, Manolo Senra viuse obrigado a abandonar pola rotura dun palier, no segundo paso polo treito de Doroña, aínda que xa na primeira pasada tivera unha saída de pista que o apartara dos primeiros postos. Tamén en Doroña tiveron que abandonar Ricardo Vidal e Miguel Dopico.[2]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Castrillón apretó en la noche y ganó el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1992. p. 49.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (6 de setembro de 1992). "Ferreyros dejó en cabeza a Rial". La Voz de Galicia (en castelán). p. 56.
Predecesor: Rally Rías Baixas |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1992 |
Sucesor: Rally de Ourense |