Javier Azcona
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pamplona |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | rally |
Familia | |
Irmáns | Jaime Azcona |
Javier Azcona Flamen, nado en Pamplona, é un ex piloto español de rallys.
Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys, proclamándose campión en diferentes categorías e copas de promoción e sendo un dos pilotos con máis rallys disputados (149). Foi campión do Desafío Peugeot (1989), cinco veces campión da Copa Renault (1992-1995 e 2003), campión do grupo N (1995) e campión do Trofeo Citroën (1996 e 1997). Competiu tamén en Galicia, proclamándose campión de Galicia de rally na tempada 1994.
É irmán do tamén expiloto Jaime Azcona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou nos rallys nos anos 80. En 1984 disputou o Rally Cidade de Pamplona e o Rally Vasco Navarro a bordo dun Seat Fura e coa italiana Inma Vittorini como copiloto. En 1986 comezou a competir cun Peugeot 205 GTI co que correu o seu primeiro Rally Cataluña así como varias probas do nacional.
En 1988 quedou terceiro no Desafío Peugeot e ao ano seguinte, con Miguel Aldaz de copiloto, proclamouse campión de dita competición e subcampión do grupo N, ademais de rematar en quinta posición na clasificación absoluta.[1][2] En 1990 foi piloto oficial de Peugeot e conseguiu o seu primeiro podio absoluto ao rematar en terceira posición no Rally Villa de Llanes, só por detrás de Chus Puras e Borja Moratal.
En 1991 comezou a correr o nacional cun Renault Clio 16v, co que tivo malos resultados ese ano. Disputou tamén catro probas da Copa de España, rematando na novena posición final.[3] En 1992 proclamouse vencedor da Copa Renault do nacional,[4] título que revalidou nos tres anos seguintes.[5][6][7] Durante eses anos disputou tamén o Campionato de Galicia de Rally e en 1994 con Juan Louro de copiloto, proclamouse vencedor ao final da tempada, na que logrou tamén a súa primeira vitoria absoluta nun rally, no 7º Rally de Narón.[8][9] En 1995 foi campión do grupo N do nacional.[7]
En 1996 disputou cun Citroën ZX 16v o nacional, onde se proclamou vencedor do Trofeo Citroën,[10] así como diversos rallys de campionatos autonómicos, logrando a vitoria no Rally Cidade de Pamplona. En 1997 revalidou o título do Trofeo Citroën[11] e ao ano seguinte obtivo cun Citroën Saxo Kit Car a súa mellor posición na clasificación absoluta do Campionato de España, ao rematar en terceira posición, só por detrás de Chus Puras e Luis Climent.[12] En 1999 e 2000 correu cun Peugeot 106 Maxi e en 2001 volveu ao Renault Clio, proclamándose en 2003 vencedor da Copa Renault por quinta vez.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resultados nacionais de 1988" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1989" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1992" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1993" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1994" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Resultados nacionais de 1995" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55.
- ↑ "Javier Azcona y Juan Louro se adjudicaron el Rally de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 1994. p. 55.
- ↑ "Resultados nacionais de 1996" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1997" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 1998" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.
- ↑ "Resultados nacionais de 2003" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2020.