Saltar ao contido

Pan (Dragon Ball)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pan (Dragon Ball)

Tipopersonaxe de anime, personaxe de manga e híbrido humano-extraterreste nunha obra de ficción Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiouniverso de Dragon Ball Editar o valor en Wikidata
FranquíaDragon Ball Editar o valor en Wikidata
Creador/aAkira Toriyama Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
SuperpoderOnda Vital Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aAndroides Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiVidel Editar o valor en Wikidata
PaiSon Gohanda Editar o valor en Wikidata
ParenteGoku Jr., Son Goku, Chichi, Señor Satán, Son Goten, Raditz, Barduck, Gine e Giuma Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Pan (パン?) é un personaxe de ficción do manga e anime Dragon Ball Z e Dragon Ball GT. É humana aínda que ten ascendencia dos Guerreiros do espazo.

Pan é filla de Videl e Son Gohanda, e polo tanto, é neta de Son Goku e do Señor Satán. É moi forte pero non resulta estraño xa que tanto o seu pai como o seu avó paterno son guerreiros moi poderosos, e ademais a súa nai Videl é unha experta practicante das artes marciais.

O seu nome provén dun xogo de palabras de Akira Toriyama, de Pan, unha deidade grega cuxa aparencia inspirou a concepción do Diaño na mitoloxía xudeu-cristiá, o cal corresponde de igual forma ó costume de poñer nomes relacionados cos demos por parte da súa liña materna (Videl que é un anagrama de "Devil", Mr. Satan).

Aparentemente Pan naceu sen rabo, ó igual que o seu tío Son Goten e os descendentes de Vexeta, Toranks e Bra. Isto débese a que Akira Toriyama, autor de Dragon Ball, non viu necesaria esta característica para a trama así como a utilizou con Son Gohanda, o seu pai, e por tanto, tamén eliminou a transformación a Ōzaru. Porén, os rabos volveron a retomarse cando Toei Animation quixo xustificar ós Ōzaru Dourados e o nivel de Super Saián 4.

Ademais, Pan nunca desenvolveu ningún grao de Super Saián, transformación que os demais mestizos da raza dos Guerreiros do espazo si acadaron, menos Bra que non se interesaba nas loitas. Akira Toriyama explicou no seu momento que se viu contrariado co concepto dunha muller Súper Guerreira, pois os trazos característicos dun saián son propiamente masculinos e por iso decidiu excluír ás mulleres desta transformación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]