Ōzaru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Ōzaru (大猿?, Gran mono) é unha habilidade especial dalgúns personaxes do manga e anime Dragon Ball. Esta habilidade permítelles ós Guerreiros do espazo converterse nun simio xigante se se expoñen á luz da lúa chea, o cal multiplica o seu poder dez veces.

Condicións para a transformación[editar | editar a fonte]

Esta transformación só pode ser realizada polos pertencentes á raza Saiyan, ou ben híbridos de primeira xeración de saiyan e humano. A luz da lúa chea emite unhas ondas chamadas Bruits, produto do reflexo da luz do Sol, de máis de 17 millóns de Zenoes, e se estas ondas entran polos ollos, producen unha reacción na cola e comeza o cambio. Se esta é cortada ou foi amputada no momento da exposición dos raios, non chegará a producirse la metamorfose; se se lle corta a un Ōzaru a súa cola, este volve ó estado normal, e outra estratexia seria destruír a Lúa.

Algúns guerreiros do espazo, como Vexeta e Turles coñecen unha técnica chamada Power Ball que imita a mesma intensidade da luz da lúa, o que produce a conversión na fase Ōzaru dos Saiyan que están arredor, este ataque é perigoso e foi comunmente empregado polos antigos na conquista do espazo, nos lugares onde non había lúa, pois tódolos guerreiros eran convertidos en Ōzaru para conquistar axiña os planetas desexados.