Oob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Oob (ウーブ Ūbu?) é un personaxe da serie Dragon Ball Z e Dragon Ball GT. É o ser humano máis poderoso da serie.

Biografía[editar | editar a fonte]

Oob é a reencarnación de Boo (de aí o nome invertido). Ó ser eliminado Boo por Son Goku ó final de Dragon Ball Z, este desexa que Boo sexa revivido "como un home bo", pois Boo é moi poderoso e proba ser un rival de interese para Goku.

Oob aparece no Campionato Mundial de Artes Marciais, no cal se descóbre que adoptou a forma dun xove humano con extraordinarios poderes, aínda que difíciles de controlar. Goku decide enfrontarse a Oob no torneo nunha gran pelexa na cal faille sacar o seu poder agochado, e ó decatarse do pouco control que tiña do seu poder decide adestralo para que se converta nun poderoso guerreiro e sexa o seu sucesor cando el xa non estea.

Dragon Ball GT[editar | editar a fonte]

Máis tarde, en Dragon Ball GT, Oob enfrontaría a algunhas das ameazas que sucederían contra a Terra. Despois dunha dura batalla contra Bebé fusiónase coa forma de Boo que existe como gardián persoal do Señor Satán, volvendo a ser un Majin Boo completo, xa que o Boo Gordo era a parte boa e Oob a reencarnación da parte mala. Esta nova fusión, ten a aparencia física de Oob, pero o seu poder aumenta de forma considerable sendo máis forte que un Súper Guerreiro 2. Porén, a pesar de terse fusionado co Señor Boo, é convertido en chocolate e comido por Vexeta Bebé. Despois Oob sae do estómago de Bebé cando estaba convertido en Ōzaru. Oob logo aparece na loita contra Súper C-17, e fai a súa aparición final distraendo ós Dragóns escuros mentres Son Gohanda, Son Goten e Toranks lles dan os seus poderes a Goku.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]