Videl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Videl (ビーデル Bīderu?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. É a filla do Señor Satán. Medrou aprendendo artes marciais e esperando ser tan forte como o seu pai, aínda que en realidade, sen sabelo, xa o superaba. É unha rapaza dura e intelixente, criada nun ambiente de fama e cartos. O seu nome provén do inglés Devil (デビル Debiru?, Demo).

Foi a gañadora do torneo infantil no 24° Campionato Mundial de Artes Marciais, ós 11 anos. Estudou no colexio Orange Star, onde coñeceu a Son Gohanda e tras decatarse de que el é o Gran Súper Guerreiro obrígao a ensinarlle a voar. No proceso dáse conta de quen venceu realmente a Célula foi Gohan e non seu pai.

Participa no 25° Campionato Mundial de Artes Marciais, onde Spopovitch (quen estaba influenciado polo poder de Babidi) a vence deixándoa moi mal ferida, pero recupérase axiña grazas a un feixón máxico. Durante o seu tempo xuntos, namórase de Son Gohanda e tras oír noticias sobre a suposta morte de Gohan a mans de Majin Boo, rompe a chorar e négase a crelo (só no anime). Posteriormente Son Gohanda volve á Terra, casan, e teñen unha filla chamada Pan.

Máis adiante en Dragon Ball GT vólvese unha muller máis distanciada das artes marciais aínda que cando apareceu Súper C-17, decidiu enfrontarse a el formando un grupo feminino composto por: Chichi, Bulma, Bra e ela mesma. Porén, foi posuída xunto ó resto da humanidade por Baby. É a muller humana máis forte da Terra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]