Grupo Voz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Grupo Voz ou Corporación Voz de Galicia é un grupo galego de medios de comunicación entre os que se encontran La Voz de Galicia, Voz Galicia Radio, Voz Audiovisual e Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O Grupo Voz creou a publicación La Voz de Galicia, en mans de Santiago Rey. En radio iniciouse con Antena 3 Radio, pero posteriormente constituíu a canle Radio Voz con arredor de trinta emisoras. Ten a empresa de produtoras Video Voz, e Tele Voz para televisións locais en Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e A Coruña.

En 1998 creou a sociedade Atlas Galicia xunto con Gestevisión Telecinco para a creación de axencias de información audiovisual. Nese mesmo ano chegou a un acordo con Telefónica para explotar a televisión por cable en Galicia.

A Corporación Voz de Galicia integra, ademais de La Voz de Galicia a La Voz Galicia Radio, Voz Audiovisual e Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Ata 2007 tamén pertencía á corporación El Diario de León, pero foi vendido a Begar.

No penúltimo consello de ministros do Goberno en funcións, Manuel Fraga adxudicou dúas emisoras autonómicas de televisión á COPE e ó Grupo Voz.