Rabban Bar Sauma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRabban Bar Sauma
Biografía
Nacementoc. 1220 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Pequín Editar o valor em Wikidata
Morte1294 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Bagdad Editar o valor em Wikidata
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBagdad Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChina Editar o valor em Wikidata
RelixiónNestorianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , diplomático Editar o valor em Wikidata

Rabban Bar Sauma (transliteración do siríaco: ܪܒܢ ܒܪ ܨܘܡܐ) tamén coñecido como Rabban Ṣawma ou Rabban Çauma, (e do chinés :拉賓掃務瑪), nado cara 1220 e finado no 1294, foi un monxe nestoriano túrquico/mongol convertido a diplomático que alcanzou notoriedade por viaxar desde a China controlada polos mongois até as costas francesas do Atlántico. Inicialmente a súa viaxe era unha peregrinación en dirección a Xerusalén xunto a Rabban Markos, un dos seus estudantes. Por mor da inestabilidade militar que atoparon no camiño, nunca puideron chegar ao seu destino, pero si pasaron moitos anos en Bagdad que estaba controlada polos mongois. Markos foi elixido patriarca nestoriano, e posteriormente propuxo que o seu mestre Rabban Bar Sauma fose enviado noutra misión, como embaixador mongol a Europa. O ancián monxe coñeceu a numerosos monarcas europeos, así como ao papa, tentando establecer unha alianza franco-mongol. A misión non tivo resultado, pero durante os seus últimos anos en Bagdad, Rabban Bar Sauma escribiu sobre a viaxe da súa vida. O relato da súa viaxe é de interese para os historiadores modernos xa que dá un panorama da Europa medieval a finais da época das Cruzadas, descrito por un observador intelixente, de mente ampla e con mirada de estadista. As súas viaxes tiveron lugar antes do regreso de Marco Polo a Europa, e os seus escritos ofrecen un punto de vista inverso de Oriente mirando a Occidente.[1]

Embaixador en Europa[editar | editar a fonte]

Viaxes de Rabban Bar Sauma.

En 1287, Bar Sauma emprendeu a súa viaxe a Europa, levando presentes e cartas de Arghun para o emperador bizantino, o papa, e os reis europeos. Esta misión continuaba á embaixada previa de Isa Kelemechi, outro nestoriano, enviado por Arghun en 1285 para entrevistarse co Papa Honorio IV.[2][3]

Rabban Bar Sauma viaxou cun gran número de asistentes e 30 animais de tiro. Entre os seus compañeiros atopábanse o cristián nestoriano Sabadinus (archaon); Thomas de Anfusis (Thoma de Anfussis, ou Tommaso d'Anfossi), que cara ás veces de intérprete e traballaba para a famosa banca genovesa; e un intérprete italiano chamado Uguetus ou Ugeto (Ughetto).[4][5][6] Bar Sauma non falaba ningún idioma europeo, aínda que se dominaba o chinés, turco e persa. O seu sucesor como embaixador de Arghun foi Buscarello Ghisolfi, un nobre xenovés.

Viaxou por terra atravesando Armenia até o imperio bizantino de Trebisonda no mar Negro, logo embarcouse e chegou a Constantinopla navegando. Alí tivo unha audiencia co emperador Andrónico II Paleólogo. Os escritos de Bar Sauma brindan unha descrición especialmente entusiasta da fermosa Hagia Sophia. Logo viaxou por mar a Italia. Como a súa ruta levounos pola illa de Sicilia, foi testemuña e deixou rexistros da grande erupción do Monte Etna do 18 de xuño de 1287. Poucos días despois da súa chegada, foi testemuña dunha batalla naval na baía de Sorrento o 24 de xuño de 1287, durante o conflito das Vésperas sicilianas. A batalla librouse entre a frota de Carlos II (ao cal menciona como "Irid Shardalo", ou sexa "Il re Carlos Due"), quen o recibiu nas súas estancias, e Xaime II de Aragón, rei de Sicilia (a quen se refire como Irid Arkon, ou sexa "Il re de Aragón"). Segundo Bar Sauma, Xaime II resultou vitorioso, e as súas tropas mataron a máis de 12.000 homes.

Logo viaxou a Roma, pero demasiado tarde para coñecer ao papa Honorio IV, xa que falecera pouco tempo antes. Por tanto Bar Sauma tivo unha serie de reunións cos cardeais e visitou a basílica de San Pedro.

Bar Sauma realizou logo escalas en Toscana (Thuzkan) e na República de Xénova, no seu camiño cara a París. Pasou o inverno 1287–1288 en Xénova, nese entón unha destacada capital financeira. En Francia (Frangestan), pasou un mes en compañía do rei Filipe IV de Francia, quen se mostrou interesado pola visita do embaixador mongol, deulle numerosos presentes, e asignou a un nobre chamado Gobert de Helleville, para que acompañase a Bar Sauma na súa viaxe de regreso ao territorio mongol. Gobert de Helleville partiu o 2 de febreiro de 1288, con dous axudantes Robert de Senlis e Guillaume de Bruyères, así como o arbaletier (porteiro) Audin de Bourges. Uníronse a Bar Sauma cando regresou pasando por Roma, e acompañárono de regreso a Persia.[7]

Entre tanto en Gascuña (suroeste de Francia), que nesa época era un feudo do rei de Inglaterra, Bar Sauma coñeceu ao rei Eduardo I de Inglaterra, probablemente na capital Bordeos. Eduardo respondeu con entusiasmo á embaixada, pero non puido comprometerse coa alianza militar proposta por mor dos conflitos locais aos que se enfrontaba, especialmente cos galeses e escoceses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mantran, p. 298
  2. The Mongols and the West, 1221-1410 Peter Jackson p.169
  3. The Cambridge history of Iran William Bayne Fisher, John Andrew Boyle p.370
  4. Phillips, p. 102
  5. Grousset, p.845
  6. Rossabi, pp. 103-104
  7. "Histoires des Croisades III", Rene Grousset

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]