Rúa de Preciados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°25′06″N 3°42′18″O / 40.418444444444, -3.7049416666667

Rúa Preciados

A rúa de Preciados é unha coñecida e céntrica rúa da cidade de Madrid. Comeza na Puerta del Sol (unha das dez rúas que desembocan na praza) e termina na praza de Santo Domingo, pasando por Callao, onde fai un crebo. Trátase unha rúa con diversos locais comerciais e ocupa o quinto posto das rúas do mundo onde é máis caro o alugueiro.[1] É famosa pola presenza do Corte Inglés e outras franquías internacionais.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu nome provén de ter nela a súa residencia dous irmáns apelidados Preciado, de oficio almotacés.[2] En 1943 o empresario Pepín Fernández emprendeu as súas actividades comerciais nesta céntrica vía abrindo un dos primeiros centros comerciais madrileños, Galerías Preciados, que tomou o nome da rúa.[3] Nesta rúa desde mediados do século XIX atopábase o Centro Numismático Matritense (Casa de cambio).

Na década de 1970, e xunto coa veciña rúa del Carmen, foi unha das primeiras vías peonís da capital de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranking of World's Top Shopping Streets
  2. Antonio de Capmany: Origen histórico y etimológico de las calles de Madrid (1863), páx. 337.
  3. Toboso, Pilar (2000). Pepín Fernández, 1891-1982: Galerías Preciados : el pionero de los grandes almacenes (1ª ed.). Madrid: Lid. p. 223. ISBN 8488717288. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]