Río Sionainn
Aparencia
| (ga) an tSionainn | ||||
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | Europa | |||
| País da cunca | Irlanda | |||
| División administrativa | Irlanda | |||
| Final | ||||
| Localización | Shannon Estuary (en) | |||
| ||||
| Afluentes | Río Inny, Río Suck (marxe dereita), Río Brosna, Little Brosna River (en) | |||
| Conca hidrográfica | Shannon River Basin (en) | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 368 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 15.700 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 200 m³/s | |||
O río Sionainn (en inglés Shannon) é o río máis longo de Irlanda. Divide o oeste da illa (maioritariamente a provincia de Connacht) do leste e do sur (Leinster e a maioría de Munster). O río ten sido dende a antigüidade unha importante vía de comunicación. Por vez primeira plasmado nun mapa por Tolomeo, o longo río de 386 km flúe xeralmente cara ao sur dende Lag na Sionna no Condado de Chabháin antes de torcer ó oeste e verter no océano Atlántico a través do longo Estuario do Sionainn de 113 km. A cidade de Luimneach (en inglés Limerick) érguese no punto no que a auga do río se xunta coa do mar no estuario.
| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |

