Vista do río Liffey atravesando a cidade de Dublín.
O río Liffey (en irlandésAn Life) é un río de Irlanda que flúe atravesando o centro da cidade de Dublín. Ten unha lonxitude de preto de 125 quilómetros e nace no monte Kippure, no condado de Wicklow. Despois percorre o condado de Kildare antes de chegar ó de Dublín. As súas augas desembocan na baía de Dublín, no mar de Irlanda.
O nome orixinario do río era An Ruirthech, que significa "corredor rápido (ou forte)"[1]. A verba Liphe (ou Life) referíase orixinariamente ao nome da chaira pola que corría o río, pero co tempo chegou a referirse ao río en si mesmo.[2] Tamén se lle coñeceu como o Anna Liffey, posiblemente tralo préstamo lingüístico do irlandésAbhainn na Life.
O río Liffey emerxe entre Kippure e Tonduff nas montañas de Wicklow. Percorre uns 125 km a través dos condados de Wicklow, Kildare e Dublín antes de desembocar no mar de Irlanda, na Baía de Dublín.