Río Erne
Río Erne | |
---|---|
![]() Vista do Erne en Ballyshannon. | |
País | República de Irlanda e Irlanda do Norte |
Lonxitude | 120km |
Desembocadura | Océano Atlántico |
O río Erne (en irlandés Abhainn na hÉirne) é un río de Irlanda que nace no Lago Gowna, no condado de Cavan e atravesa Irlanda do Norte a través do condado de Fermanagh ata desembocar preto de Ballyshannon, no condado de Donegal. O Erne ten 120 quilómetros de lonxitude e é apto para a pesca da troita. A maior parte da vila de Enniskillen atópase nunha insua do Erne.
O seu nome provén dunha princesa mítica irlandesa chamada Éirne.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
O Erne ó seu paso por Enniskillen.