Río Fergus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Fergus
Vista do Fergus ó seu paso pola vila de Ennis.
País Irlanda Irlanda
Lonxitude 61km
Desembocadura Océano Atlántico

O Río Fergus (en irlandés An Forghas) é un río de Irlanda. Nace en Loughnagowan, a poucos quilómetros ó oeste de Corofin, no condado de Clare. Destaca pola pesca de troita e salmón e as principais vilas que se asentan ás súas beiras son Corofin, Ennis, Clarecastle e Newmarket-on-Fergus. Tamén ten unha insua coñecida como Trummer.