Río Castletown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Castletown
CastletownRiverMouth.jpg
Estuario do Río Castletown
PaísRepública de Irlanda e Irlanda do Norte
NacementoNace preto de Newtownhamilton, no condado de Armagh
DesembocaduraMar de Irlanda

O río Castletown (en irlandés Abhainn Chaisleán Dhún Dealgan) é un río que flúe a través da cidade de Dundalk, no condado de Louth, en Irlanda. Nace preto de Newtownhamilton, no condado de Armagh, Irlanda do Norte. No seu curso superior é coñecido como o Río Creggan. Os seus principais afluentes son o río Kilcurry e o río Falmore. Desemboca na Baía Dundalk, no mar de Irlanda.

Por outra banda, o río é apto para a pesca de troita e de salmón.