Río Clare
Aparencia
| (ga) Abhainn an Chláir | ||||
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Irlanda | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 93 ( | |||

O río Clare (en irlandés Abhainn an Chláir) é un río de Irlanda. Nace ó norte da vila de Ballyhaunis, no condado de Mayo e pasa a carón de Dunmore, xa no condado de Galway. Despois continúa pasando por varias vilas como Tuam e Claregalway ata que verte as súas augas no lago Corrib. De alí, segue o seu curso ata desembocar na Baía de Galway mais baixo o nome de río Corrib.
