Río Dargle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Río Dargle
O río Dargle ó seu paso por Bray, no condado de Wicklow.
País Irlanda Irlanda
Desembocadura Mar de Irlanda

O río Dargle (en irlandés An Deargail) é un río que flúe por boa parte do condado de Wicklow, en Irlanda. Nace nas montañas Wicklow e durante o seu curso chega a formar a fervenza máis alta de toda Irlanda, a fervenza Powerscourt, con 121m de caída. O seu principal afluente é o río Glencree. Desemboca preto de Bray, no Mar de Irlanda.

Vista da fervenza Powerscourt.