Provincia de Chiang Mai
Chiang Mai | |
![]() ![]() | |
Capital | Chiang Mai |
Rexión | Rexión Norte |
Poboación | 1.500.127 habitantes |
Censo | abril de 2000 |
Área | 20.107,0 km² |
Densidade | 74,61 hab/km² |
Poboación estimada | 1.595.855 habitantes (xullo de 2002) |
Localización da provincia | |
![]() |
Chiang Mai (en tai: เชียงใหม่ (axuda · info)) é unha provincia (changwat) do Norte da Tailandia, a segunda provincia máis grande. A súa capital é a cidade de Chiang Mai.
As provincias tailandesas coas que limita son, empezando polo nordeste e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Chiang Rai, Lampang, Lamphun, Tak, e Mae Hong Son. Polo norte limita con Shan, de Birmania.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Chiang Mai atópase a uns 700 km de Bangkok, situada na cunca do río Mae Ping e a uns 300 msnm. Rodeada de cadeas montañosas, cobre unha área de aproximadamente 20.107 km². Está cuberta de montañas, principalmente seguindo a dirección sur a norte. O río Ping, un dos maiores tributarios do río Chao Phraya, nace nos Montes Chiang Dao. A montaña máis alta de Tailandia, o Doi Inthanon, de 2.565 metros de alto, áchase na provincia. Na provincia tamén se poden atopar varios parques nacionais: Doi Inthanon, Doi Suthep-Pui, Mae Ping, Sri Lanna, Huay Nam Dang, Mae Phang, Chiang Dao.
O terreo montañoso é principalmente xungla, que está chea de flora e fauna salvaxes, como tamén de tribos propios do lugar.
Historia[editar | editar a fonte]
A cidade de Chiang Mai foi capital do Reino Lanna tras o seu nacemento en 1296, contemporáneo ao establecemento do Reino Sukhothai. Desde aquelas, Chiang Mai non só foi a capital do Reino Lanna, senón que era tamén centro cultural e do budismo da Tailandia Setentrional, construíndo o rei Meng Rai innumerables tempos.
En 1599 o reino perdía a súa independencia e pasou a formar parte do Reino Ayutthaya, finalizando a dinastía fundada polo Rei Meng Rai 300 anos antes. Os birmanos tiveron moita influencia na arquitectura do lugar, a cal aínda se pode apreciar actualmente. A finais do século XVIII os birmanos foron totalmente botados polo rei Taksin.
En 1932 a provincia Chiang Mai tornouse subdivisión de Tailandia cando se abandonou a unidade administrativa Monthon Phayap, que emulaba o Reino Lanna.
Demografía[editar | editar a fonte]
O 13.4% da poboación pertence ás Xentes dos Outeiros (tribos dos altos) como son os hmong, yao, lahu, lisu, akha e karen.
Símbolos[editar | editar a fonte]
O selo da provincia mostra un elefante branco sobre un pavillón de cristal. O elefante é un símbolo real de Tailandia, e represéntase como lembranza da ofrenda dun elefante branco do Rei Rama II ao gobernador de Chiang Mai. O pavillón simboliza a importancia do budismo na rexión, especialmente cando en 1477 as ensinanzas de Buda, o Tripitaka, foron revisadas.
A árbore e flor da provincia é a Butea monosperma. O lema da provincia é: Á sombra do monte Doi Suthep, bendito de arroz, costumes e tradicións, fermosas flores silvestres, magnífico Nakhon Phing.
Distritos[editar | editar a fonte]
A provincia está subdividida en 22 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos son á súa vez divididos en 204 comunas (tambons) e estas en 1915 poboados (moobans).
Amphoe | King Amphoe | |
---|---|---|
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |