Provincia de Bueng Kan
Bueng Kan | |
![]() | |
Capital | Bueng Kan |
Rexión | Rexión Nordeste |
Poboación | habitantes |
Censo | |
Área | 4.305 km² |
Densidade | 90 hab/km² |
Poboación estimada | 390.000 habitantes (2011) |
Localización da provincia | |
![]() |
Bueng Kan (en tai บึงกาฬ) é a 76ª provincia (changwat) da Tailandia, situada na Rexión Nordeste, en funcionamento desde o 23 de marzo de 2011. A provincia formouse a partir de distritos (amphoe) provenientes da Provincia Nong Khai. A súa capital é Bueng Kan.
Achantada no nordeste de Isan, limita polo norte e leste con Laos, co río Mekong. As provincias tailandesas coas que limita, de leste a oeste, son Nakhon Phanom, Sakon Nakhon, Udon Thani e Nong Khai
No distrito Bung Khla atópase o Santuario Phu Wua, protexendo un monte arborado a carón do río Mekong.
Historia[editar | editar a fonte]
En 1994, Sumet Phromphanhao, deputado na cámara baixa tailandesa da Provincia Nong Khai, propuxo a provincia de Bueng Kan composta polos amphoes de Bueng Kan, Seka, So Phisai, Bung Khla, Bueng Khong Long, Pak Khat, Phon Charoen e Si Wilai, todos amphoes da Provincia Nong Kha. Se se creara, a provincia tería 4.305 km2, cunha poboación duns 390.000 habitantes. Mais o Ministro de Interior non veu apropiado a creación dunha nova provincia e non prosperou a iniciativa no Consello de Ministros.
A proposta estivo no esquecemento durante até 2010, cando o Ministro de Interior a propuxo no Consello de Ministros. O 3 de agosto de 2010 o Consello resolveu presentar a proposta á Asemblea Nacional, citando como razóns principais o número axeitado de distritos e de poboación como o carácter especial da provincia, así como tamén que na provincia Nong Khai á beira do Mekong, era dificultoso o mantemento dunha seguridade axeitada por toda a extensa fronteira.
O 7 de febreiro de 2011 a Asemblea Nacional aprobou a proposición. O Primeiro Ministro Abhisit Vejjajiva presentoulla a Bhumibol Adulyadej quen a asinou o 11 de marzo de 2011. Publicouse na Diario Oficial o 22 de marzo de 2011 e entrou en efecto ao día seguinte.
Distritos[editar | editar a fonte]
A provincia subdivídese en oito distritos (amphoe):