Saltar ao contido

Xungla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xungla
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01y3fy Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776410375 Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 206311
Wikidata C:Commons

Unha xungla é un bosque ou terreo poboado de vexetación exuberante, propio de climas tropicais.[1] Provén da palabra sánscrita jangala, que quere dicir lugar salvaxe.[2] En moitas linguas da India utilízase para referirse a calquera terra en estado natural, sexa un bosque, unha pradaría ou un deserto.

O termo pode utilizarse nun contexto técnico para referirse a unha selva tropical cunha gran biodiversidade e plantas densamente entrelazadas, como árbores, canaveiras, lianas ou herbas. Como ecosistema, as xunglas atópanse en zonas climáticas tanto ecuatoriais como tropicais.[3]

Xungla en Camboxa.
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xungla.
  2. ↑ "What does Jungle mean?". Consultado o 4 de abril de 2021.
  3. ↑ "Definición de Jungla". Consultado o 4 de abril de 2021.