Proud Boys
Proud Boys | |
---|---|
Tipo | organização de homens, organización terrorista e Grupo de odio |
Ideoloxía | misoxinia, transfobia, supremacismo branco, conservadorismo, libertarismo da direita, antirracismo, Western chauvinism, Antisemitismo, Islamofobia, liberalismo cultural, Patriot/militia extremism, anticomunismo, antifeminismo, oposición á inmigración, oposição aos direitos LGBT, Autoritarismo, Chauvinismo, cripto-fascismo, trumpismo, neofascismo e Nacionalismo branco |
Campo de traballo | violência política, assédio, piquete de greve e terrorismo |
Área de operación | Estados Unidos de América, Reino Unido, Australia, Noruega, Israel, Alemaña, Suecia, Irlanda e Filipinas |
Data de fundación | 2016 |
Fundador(es) | Gavin McInnes |
Nomeado en referencia a | Proud of Your Boy |
Presidente/a | Enrique Tarrio (-2001) |
Nº de membros | 40.000 (2021) |
Eventos/Actividades | asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de 2021 |
Persoas relacionadas | Roger Stone e Donald Trump |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://proudboysusa.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Proud Boys ou simplemente Proud Boys (en galego, rapaces arroutados) é unha organización estadounidense, militante, neofascista,[1][2] de extrema dereita,[3] masculina[4] e ultranacionalista[5][6][7] que promove e participa na violencia política.[7][8][9] Os líderes do grupo foron condenados por se opoñeren violentamente ao Goberno dos Estados Unidos, incluso durante a transferencia de poder presidencial prescrita pola Constitución.[10] Se autodenominaron "banda da rúa"[11][12] e foron incluídos na lista de grupos terroristas por Canadá[13][14] e Nova Zelandia.[15][16] Os Proud Boys son coñecidos pola súa oposición aos grupos progresistas e de esquerda e, sobre todo, polo seu apoio ao ex presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.[2] Aínda que a cúpula dos Proud Boys teñen negado seren unha organización supremacista branca,[6][17][18] e teren moitos membros non brancos,[19] o grupo e algúns dos seus membros estiveron vinculados a eventos, ideoloxías e outros grupos supremacistas ó longo de toda a súa existencia.[20]
O grupo orixinouse en Nova York en setembro de 2016,[21] baixo o liderado do cofundador e excomentarista de Vice Media, Gavin McInnes, quen anunciou a creación do grupo na revista de extrema dereita Taki's Magazine, e que se definía como libertaria, cando o editor da revista era o nacionalista supremacista branco, Richard Spencer, tamén creador da expresión "alt-right"[5] (que se pode traducir como "dereita alternativa"). O nome tomouno McInnes, como unha broma, do título da canción "Proud of Your Boy" do musical de 2011, de Disney, Aladdin.[22]
Aínda que os Proud Boys xurdiron inicialmente como parte da dereita alternativa,[23] McInnes distanciouse dese movemento a comezos de 2017, dicindo que os Proud Boys eran alt-lite, mentres que a dereita alternativa estaba centrada na raza.[24] Durante o debate presidencial de setembro de 2020, Donald Trump pronunciou un comentario, "Proud Boys, retrocedede e esperade", que foi seguido dun forte incremento na afiliación ao grupo.[25] No entanto, cando posteriormente ese comentario provocou protestas polo aparente respaldo ao grupo, Trump desmarcouse do grupo e do comentario anterior, afirmando que fora malinterpretado e que non "coñecía moitos" ao grupo.[26][27]
Segundo o International Center for Counter-Terrorism, o grupo cre que a masculinidade tradicional e a cultura occidental están baixo asedio, utilizando o "chovinismo occidental" como eufemismo para a teoría da conspiración do xenocidio branco.[28] Os membros participaron en eventos abertamente racistas e eventos centrados na violencia fascista, antiesquerda e antisocialista. O Southern Poverty Law Center (SPLC) caracterizou o grupo como un "club de loita a prol da dereita alternativa" e un grupo de odio que usa dispositivos retóricos para ocultar os seus motivos.[29][30][21] A Anti-Defamation League (ADL; en galego, Liga Antidifamación) describiu aos Proud Boys como "extremistas conservadores" e "alt lite", "abiertamente islamófobos e misóxinos", "transfóbicos e antiinmigración", "demasiado dispostos a abrazar a racistas, antisemitas e intolerantes de toda caste", e sinala a promoción e uso da violencia do grupo como táctica central.[31][32][33]
O grupo foi prohibido en numerosas redes sociais, incluíndo Facebook, Instagram, Twitter,[32][34][35] e YouTube.[36] En febreiro de 2021, o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos anunciou a acusación de membros por conspiración relacionada co ataque ao Capitolio dos Estados Unidos de 2021, e o brazo canadense do grupo disolveuse tras ser designado como organización terrorista.[21][37]
Xénero e sexualidade
[editar | editar a fonte]Ás mulleres e homes trans non se lles permite o ingreso[22] pois é un grupo de homes biolóxicos, non necesariamente heterosexuais, e racialmente diverso, até o punto de afirmar que o vicepresidente do grupo de Os Ánxeles é "gai e xudeu".[38] Porén, ten unha organización paralela feminina denominada "Proud Boys 'Girls".[32][39]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ HoSang (2019), p. 2
- ↑ 2,0 2,1 Jenkins, John Philip (21 de xullo de 2024). "Proud Boys". britannica.com (en inglés).
- ↑ McLaren, Peter (10 de outubro de 2019). "Are those whiffs of fascism that I smell? Living behind the orange curtain". tandfonline.com (en inglés). doi:10.1080/00131857.2019.1672854. Archived from the original on 13 de decembro de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Álvarez (2020), «The Proud Boys are a neo-fascist masculinist hate group.» (en galego: "Os Proud Boys son un grupo de odio masculinista neofascista")
- ↑ 5,0 5,1 Kriner & Lewis (2021), p. 26
- ↑ 6,0 6,1 MacFarquhar, Neil; Feuer, Alan; Baker, Mike; Frenkel, Sheera (30 de setembro de 2020). "Far-Right Group That Trades in Political Violence Gets a Boost". nytimes.com (en inglés). Archived from the original on 02 de outubro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ 7,0 7,1 Shannon, Joel (30 de setembro de 2020). "Who are the Proud Boys? Far-right group has concerned experts for years". usatoday.com. Archived from the original on 02 de outubro de 2020. Consultado o 03 de setembro de 2024.
- ↑ Redacción (31 de agosto de 2017). "'Proud Boys' back in Canada military after crashing indigenous ceremony". bbc.com. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Lowry, Rich (19 de outubro de 2018). "The Poisonous Allure of Right-Wing Violence". ationalreview.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Reilly, Ryan J. (4 de maio de 2023). "Four Proud Boys members found guilty of seditious conspiracy in Jan. 6 trial". nbcnews.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Ward, Ian (23 de setembro de 2022). "Jan. 6 Was Just the Beginning for the Proud Boys". politico.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Campbell (2020), p. 320
- ↑ Public Safety Canada (3 de febreiro de 2021). "Government of Canada lists 13 new groups as terrorist entities and completes review of seven others". canada.ca (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Aiello, Rachel (3 de febreiro de 2021). "Canada adds Proud Boys to terror list, bringing range of legal, financial implications". ctvnews.ca (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Redacción (30 de xuño de 2022). "New Zealand declares Proud Boys a terrorist organization". pbs.org (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Phillips, Brian J. (26 de xullo de 2022). "The Proud Boys and the Base are now illegal in New Zealand". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Shannon, Joel (30 de setembro de 2020). "Who are the Proud Boys? Far-right group has concerned experts for years". eu.usatoday.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Kutner (2020), p. 21
- ↑ Gupta, Arun (4 de setembro de 2018). "Why Young Men of Color Are Joining White-Supremacist Groups". thedailybeast.com (en inglés). Archived from the original on 21 de outubro de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Hawkins, Derek; Wootson Jr, Cleve R.; Timberg, Craig (1 de outubro de 2020). "Trump’s ‘stand by’ remark puts the Proud Boys in the spotlight". washingtonpost.com (en inglés). Archived from the original on 02 de outubro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 SPLC. "Proud Boys". splcenter.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ 22,0 22,1 Coaston, Jane (1 de outubro de 2020). "The Proud Boys, explained". vox.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Kriner &Lewis (2021)
- ↑ Marantz, Andrew (6 de xullo de 2017). "The Alt-Right Branding War Has Torn the Movement in Two". newyorker.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Cheney, Kyle (5 de setembro de 2023). "Enrique Tarrio, Proud Boys leader on Jan. 6, sentenced to 22 years for seditious conspiracy". politico.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Redacción (2 de outubro de 2020). "Trump denounces ‘all white supremacists’ including Proud Boys". aljazeera.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Redacción (2 de outubro de 2020). "Trump condemns all white supremacists after Proud Boys row". bbc.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Kutner (2020), pp. 4-5
- ↑ Morlin, Bill (25 de abril de 2017). "New "Fight Club" Ready for Street Violence". splcenter.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ Carter, Mike (1 de maio de 2017). "Seattle police wary of May Day violence between pro- and anti-Trump groups". seattletimes.com. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "Proud Boys". adl.org (en inglés). 11 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 "Proud Boys". adl.org (en inglés). 27 de febreiro de 2019. Archived from the original on 22 de agosto de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ ADL (24 de decembro de 2020). "Proud Boys’ Bigotry is on Full Display". adl.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ Kriner & Lewis (2021), p. 29
- ↑ Rivera, Pedro (8 de maio de 2019). "Who Are the Proud Boys and Why Are They Banned from Social Media Platforms?". fox40.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ Wendling, Mike (30 de setembro de 2020). "Proud Boys and antifa - who are they and what do they want?". bbc.com (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ Aiello, Rachel (3 de febreiro de 2021). "Canada adds Proud Boys to terror list, bringing range of legal, financial implications". ctvnews.ca (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ Cosgrove, Jaclyn (17 de xullo de 2018). "Must Reads: The Proud Boys walk into a bar. A fight breaks out. Now a Los Angeles bar deals with the consequences". latimes.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2024.
- ↑ Zadrozny, Brandy; Siemaszko, Corky (20 de novembro de 2018). "The Boy and Girls of white nationalism: 'Proud' groups labeled 'extremist' in newly revealed FBI files". nbcnews.com (en inglés). Archived from the original on 21 de novembro de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Proud Boys |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez, Rebecca (2020). Vigilante Gender Violence: Social Class, the Gender Bargain, and Mob Attacks on Women Worldwide (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 1000174131.
- Campbell, Andy B. (2022). We Are Proud Boys: How a Right-Wing Street Gang Ushered in a New Era of American Extremism (en inglés). Nova York: Hachette Books. ISBN 978-03-068-2746-4.
- HoSang, Daniel (2019). Producers, Parasites, Patriots: Race and the New Right-Wing Politics of Precarity (en inglés). Minneapolis: University of Minnesota Press. ISBN 9781452960340.
- Kriner, Matthew; Lewis, Jon (xullo-agosto 2021). Cruickshank, Paul; Hummel, Kristina, eds. "Pride & Prejudice: The Violent Evolution of the Proud Boys". CTC Sentinel (en inglés) (West Point, New York: Combating Terrorism Center) 14 (6): 26–38.
- Kutner, Samantha (maio 2020). International Centre for Counter-Terrorism, ed. "Swiping Right: The Allure of Hyper Masculinity and Cryptofascism for Men Who Join the Proud Boys" (PDF). ICCT Research Paper. ISSN 2468-0486. doi:10.19165/2020.1.03.