Saltar ao contido

Raimundo IV de Trípoli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaimundo IV de Trípoli
Biografía
Nacementoc. 1170 Editar o valor en Wikidata
Morte1199 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Trípoli (1187–1189) Editar o valor en Wikidata
FamiliaRamnúlfidos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlice of Armenia (1195 (Gregoriano)–1199 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosRaymond-Roupen Editar o valor en Wikidata
PaisBohemundo III el Tartamudo Editar o valor en Wikidata  e Orgueilleuse de Harenc Editar o valor en Wikidata
IrmánsBohemundo IV el Tuerto Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Poitiers-54

Raimundo IV de Trípoli, finado en 1199, foi conde de Trípoli (1187-1189 ) e príncipe rexente de Antioquía (1193-1194).[1] Era o fillo máis vello de Bohemundo III, príncipe de Antioquía e Orgueilleuse de Harenc.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O conde de Trípoli, Raimundo III de Trípoli, morreu sen fillos en 1187 e, por ser o seu afillado,[2] legoulle o seu condado. Pero dous anos despois, seu pai, Bohemundo III prefiriu chamalo ao seu carón e nomealo herdeiro do principado de Antioquía polo que colocou a seu fillo máis novo, Bohemundo I de Trípoli (o futuro Bohemundo IV de Antioquía), como conde de Trípoli.[3]

Crise co reino armenio de Cilicia

[editar | editar a fonte]

O seu pai entrou en disputa co rei de Armenia Menor, León I, por mor do castelo de Bagras, que o armenio conquistara aos musulmáns, pero que antes fora propiedade do principado de Antioquía e, polo tanto, reclamoullo. León I, non só non lle devolveu a Bagras senón que tamén o encarcerou facéndolle crer que o chamaba para discutir o asunto.

Durante a catividade do seu pai, Raimundo foi rexente do Principado de Antioquia.[1] Para liberalo, o rei armenio pediulle a cambio do goberno de Antioquía, e este aceptou, pero a cidade, constituída en comuna baixo a dirección do patriarca Eimerico de Limoges, negouse a facer o que lle pedían. Dixéronlles que a comuna de Antioquia só recoñecía a autoridade de Raimundo até o regreso de Bohemundo.[4]

A solución a esta crise chegou, polo 1195, co matrimonio entre Raimundo coa princesa Alicia de Armenia, sobriña de Léon e filla de Rubén III de Armenia.[5] Para casar, pediron permiso ao rei de Xerusalén, Henrique I, que accedeu cando o tío de Alicia liberou o pai de Ramón, o príncipe Bohemundo III. Tiveron un fillo, Raimundo Rubén de Antioquía[6] (nado en 1199, e finado en 1221), a quen moitos consideraron o lexítimo herdeiro ao trono e que loitou pola súa herdanza como neto de Bohemundo III.[7] Raimundo IV morreu en 1199, pouco despois de ter o seu fillo.

  1. 1 2 Lock, 2006, p. 79
  2. 1 2 Runciman 1989a, p. 470
  3. ↑ Burgtorf 2016, p. 198
  4. ↑ Hardwicke 1969, p. 527
  5. ↑ Runciman 1989b, p. 89
  6. ↑ Grousset 1949, p. 648
  7. ↑ Burgtorf 2016, p. 199

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burgtorf, Jochen (2016). "The Antiochene war of succession". En Boas, Adrian J. The Crusader World (en inglés). Abingdon, Oxfordshire: Routledge, Taylor & Francis Group. pp. 196–211. ISBN 9780415824941. 
  • Grousset, René (1949 (reimpresión en 1979)). L'Empire du Levant : Histoire de la Question d'Orient. Colección: Bibliothèque historique (en francés). París: Ed.Payot. ISBN 978-2-228-12530-7. 
  • Hardwicke, Mary Nickerson (1962). "The Crusader States, 1192–1243". En Wolf, Robert Lee; Hazard, Harry H. A History of the Crusades (en inglés). Volume 2: The Later Crusades, 1189-1311. Filadelfia, PA: University of Pennsylvania Press. pp. 522–556. ISBN 978-1-5128-1956-4. JSTOR j.ctv4s7mwv.24. 
  • Lock, Peter (2006). The Routladge Companion to the Crusades (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-39312-6. 
  • Runciman, Steven (1989a). A History of the Crusades (en inglés). Vol. II: The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6. 
  • Runciman, Steven (1989b). A History of the Crusades (en inglés). Vol. III: The Kingdom of Acre and the Later Crusades. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Raimundo III de Trípoli

Conde de Trípoli

1187-1189
Sucesor:
Bohemundo IV de Antioquía
Predecesor:
Bohemundo III de Antioquía

Rexente de Antioquia

1193-1194
Sucesor:
Bohemundo III de Antioquía