Outremer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilustración da tradución ao francés medieval da obra de Guillerme de Tiro, Histoire d'Outremer

Outremer, en francés "ultramar", foi o nome xenérico dado aos Estados cruzados establecidos despois da Primeira Cruzada: o Condado de Edesa, o Principado de Antioquía, o Condado de Trípoli e, sobre todo, o Reino de Xerusalén. O nome usábase como equivalente a Terra Santa, Levante, Siria ou Palestina, e incluía territorios que na actualidade forman parte de Israel, Palestina, Xordania e Líbano.