Teresa González Costa
Teresa González Costa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Teresa González Costa |
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | O Grove |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teresa González Costa, nada no Grove en 1975, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filoloxía Inglesa e Filoxía Italiana na Universidade de Santiago de Compostela, amais de acadar un Diploma de Estudos Avanzados no programa de Teoría da Literatura e Teoría Comparada. Preparou o Terceiro Ciclo en Turín, Borgoña e Xénova, especializándose no viaxeiro Nicolas Bouvier.
Comezou a formar parte de compañías teatrais en 1993. Fixo cursos de dramaturxia con Jean-Luc Lagarce, e traballou como guionista de teatro radiofónico para o programa cultural Radio Cité. Participou como actriz con La Comédie de Genève na obra La visite de la vieille dame, de Friedrich Dürrenmatt.
En 2004 recibiu unha mención especial no Premio Barriga Verde de teatro para marionetas co texto Canun digas Narice, e no 2005 quedou finalista do Premio Rafael Dieste co texto Alén das Brumas. No 2008 acadou o Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango, e o Premio Manuel María con Pingueiras e Tarteiras.
En 2010 recibiu o Premio Merlín pola novela A filla do ladrón de bicicletas. En 2012 obtivo, pola mesma obra, o Premio Frei Martín Sarmiento do terceiro ciclo de primaria.
Obras[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
- Sempre quixen bailar un tango, 2009, Xerais.
- Pingueiras e tarteiras, 2009, Xerais (infanto-xuvenil).
- O soño de Leila, 2005, Edicións Fervenza.
- Quen dixo bombóns?, 2005, Edicións Fervenza.
- Unha noite de medo... tricolor, Edicións Fervenza.
- A rúa dos soñadores, Edicións Fervenza.
- Cando os libros toman té, Edicións Fervenza.
- O misterio das ganas de durmir, Edicións Fervenza.
- Chegaron no tren das 7,30, Edicións Fervenza.
- O misterio do chapeu do mago, Edicións Fervenza.
- O misterio da sombra, Edicións Fervenza.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- A filla do ladrón de bicicletas (2010). Xerais. Narrativa.
- Eu, pel (2012) Xerais. Narrativa.
- A nena, o monstro e o mar (2019). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Martín Romero. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-543-1.[1]
- A memoria dos paxaros (2020). Xerais, Fóra de Xogo.[2] 224 páxs. ISBN 978-84-9121-692-6. ePub: ISBN 978-84-9121-713-8.
- Unha abella máxica no camiño (2021). Vigo: Xerais.104 páxs. ISBN 978-84-9121-884-5. As ilustracións son de María Brenn.
Narrativa para adultos[editar | editar a fonte]
- Os santos nunca dormen, 2014, Xerais.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio de teatro Mome Varela Buxán no 2011 no Concello da Estrada, por Madeira de gañador
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-09-07.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa González Costa ![]() |