Gustavo Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustavo Pernas
Gustavo Pernas (AELG)-1.jpg
Nacemento26 de novembro de 1959
 Viveiro
Falecemento29 de outubro de 2018
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, actor e director teatral
XénerosTeatro e ensaio
EstudosXeografía e Historia
Na rede
IMDB: nm1688504 AELG: 186 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gustavo Pernas Cora, nado en Viveiro o 26 de novembro de 1959 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2018,[1] foi un dramaturgo, actor e director teatral galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, onde realizou diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en Madrid.

Desde 1985 dedicouse profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Actor e director de dobraxe. Desde 1997 impartiu aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, foi Profesor de Dramaturxia e Arte Actual da Universidade da Coruña en Pedagoxía Teatral. En 1989 fundou con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Áncora Produccións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Uruguai ou Portugal.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O galego, a mulata e o negro, 1999, Tris Tram.
  • Comedias paranoicas, 2000, Xerais. Inclúe "Ladraremos", "Fábula" e "Anatomía dun hipocondríaco".
  • Footing, 2001, Deputación da Coruña.
  • Paso de cebra e Sucesos, 2004, Laiovento.
  • Final de película, 2006, Deputación da Coruña.
  • Medidas preventivas, 2006, Biblos Club de Lectura.
  • Taras mínimas, 2007, Embora.
  • Crier aux Abois, 2008. Editions de L' Amandier.
  • Tres logomonos. 2011. Laiovento. Inclúe "Colgados", "Pisados" e "Snakizados".
  • Isóbaras, 2013, Xerais.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os ollos de Victorine e a construcción da cuarta parede, 2006, Laiovento.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "Ladraremos, en La Nueva Dramaturgia Gallega.1998. ADE. (Asociación de Directores de España)
  • Escola Superior de Arte Dramática. 1998. Consello da Cultura Galega.
  • "Ruínas", en Casahamlet, 2000.
  • "A vella sensación do prohibido", en Casahamlet, 2001.
  • Galicia e a residencia teatral. 2001, Consello da Cultura Galega.
  • "Mentres falo contigo", en Casahamlet", 2004.
  • Pegadas no camiño, 2004. Acción contra el hambre.
  • "Caníbales na cidade", en Casahamlet, 2005.
  • "Avispas en febrero", en Estreno.
  • "As pílulas do doutor Negrín", en Casahamlet, 2006.
  • Palabras na montaña. 2006, Abano
  • "Elevador 05", en Casahamlet, 2007.
  • "90 Cabalos", en A Fontanela. 2007, Galicia Hoxe.
  • "Azuis", en Vidas do Mar. 2008, Autoridade Portuaria da Coruña.
  • "Detrás da noticia", en Casahamlet, 2008.
  • "Mala Estrela", en Casahamlet, 2010.
  • "Colgados", en Erregueté 2010.
  • "Comodín de Miranda", en Casahamlet, 2011.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • "Móbiles", en Cadernos de Mariñán 1. III Encontro de Escritores Galegos. Deputación da Coruña.

Premios literarios[editar | editar a fonte]

  • Premio Compostela no 1991, por O Galego, A Mulata e O Negro.
  • Premio María Casares no 1996, por Ladraremos.
  • Premio Rafael Dieste no 2001, por Footing.
  • Premio Rafael Dieste no 2005, por Final de película.
  • Premio Max das Artes Escénicas no 2006, por Paso de cebra.
  • Premio Max das Artes Escénicas no 2007, (ex aequo) por Final de Película.
  • Premio AELG de teatro no 2007, por Medidas preventivas.
  • Premio Roberto Vidal Bolaño, 2008, (xunto a Anxela G. Abalo e Áncora Produccións a toda a traxectoria) Concello de Gondomar.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2012, por Isóbaras.
  • Premio Maruxa Villanueva do Concello de Padrón no 2013, por Snakizados.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura dramática de 2013, por Isóbaras.

Obras de teatro representadas[editar | editar a fonte]

  • O galego, a mulata e o negro, 1990, pola que recibe o Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático (1991) sendo nomeado como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo.
  • Ladraremos -Comedia de amor e medo-, 1996, que acada o I Premio María Casares de Teatro Ó Mellor Texto Dramático Orixinal, quedando finalista como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo.
  • Fábula -Comedia nun só acto... sexual-, 1997. Nomeada en seis apartados no II Premio María Casares de Teatro, Mellor Espectáculo, Mellor Texto Dramático Orixinal, Mellores Actores Protagonistas, Mellor Escenografía e Mellor Vestiario.
  • Anatomía dun hipocondríaco -Comedia Médica-, 1998. Nomeada no III Premio María Casares como Mellor Texto Dramático Orixinal e Mellor Escenografía
  • Sucesos, 2000.
  • Footing, 2001, Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.
  • Paso de Cebra, 2004.
  • Final de película, 2006.
  • Medidas Preventivas, 2007.
  • Taras Mínimas, 2007 e 2010.
  • Cronicaragua, 2008
  • Colgados, 2009.
  • Pisados, 2011.
  • Snakizados, 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Erregueté, revista galega de teatro. "Falece Gustavo Pernas Cora". Consultado o 29 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]