Rubén Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubén Ruibal
4f4b593eb6108-Rubén ruibal.jpg
Rubén Ruibal.
Nome completo Rubén Ruibal Armesto
Nacemento 1970
Lugar Ribadeo, Lugo Galicia Galicia
Nacionalidade España
Profesión actor

Rubén Ruibal Armesto, nado en Ribadeo en 1970, é un actor e autor teatral galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse xunto ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño co que colaborou na compañía Teatro do Aquí en obras como A ópera de a patacón (1994) ou Rastros (1998). No ano 2000 crea, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que leva ás táboas as súas primeiras obras Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003).

Tras a morte de Vidal Bolaño en 2002, e o feche de Teatro do Aquí, cesa a súa actividade teatral sobre as táboas e céntrase en escribir. Traffic: arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005) foron representadas por Patatín & Patatán Superproductions.

A obra Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) foi levada no 2010 aos escenarios por Espello Cóncavo, baixo a dirección de Arturo López, e o seu texto recibiu tamén o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2011. Está prevista a adaptación cinematográfica da obra[1].

Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Limpeza de sangue, 2006, Xerais.
  • Fume, con Carlos Losada, e Insomnio, 2008, Estaleiro.
  • Delimvois, 2009, Xerais.
  • ¿Onde andas, Karl? ou Highgate Cemetery Very Saddest Circus (Tristérrimo Circo do Cemiterio de Highgate), 2009, Edicións Embora.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2009, Xerais.
  • Estigma, 2009, Laiovento. Con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo.
  • A néboa amarela (Black Diamond Bay), 2010, Biblos Clube. Con César Candelas.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]