Pombeiro, Pantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′53.15″N 7°42′10.60″O / 42.4480972, -7.7029444

Pombeiro
Concello Pantón
Provincia Lugo
Área 18 km²
Poboación 186 hab. (2007)
Densidade 10,33 hab./km²
Entidades de poboación 25

San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1891 a parroquia de Pombeiro pasou a acoller os lugares que até entón formaban a parroquia de Santa María do Regueiro: A Pena, A Torre, Bazal, Cascaxide, O Moredo, O Rigueiro, O Torrón e Vilamirón.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Delimita ao norte coas parroquias pantonesas de Atán, Següín e San Fiz de Cangas; ao leste coas de Cangas e Frontón; ao sur coas de de Nogueira de Ramuín de Santo Estevo de Ribas de Sil e Moura, e ao oeste coa dos Peares (A Peroxa), Oleiros e A Cova polo oeste.[2]

Parte da parroquia de Pombeiro atópase dentro do LIC "Canón do Sil", 4,6 km² das ribeiras de Pombeiro están protexidas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pombeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pombeiro no concello de Pantón (Lugo)

Amandi | Barreiro | O Barrio | Bazal | O Cancelo | Cascaxide | Cascortés | Cibrisqueiros | Mación | Moredo | Outeiro | Penaveada | A Piúca | A Presa | O Priorato | O Regueiro | Ribas de Sil | San Cosmede | San Pedro | O Souto | Telleiros | A Torre de Vilamirón | O Torrón | A Touza | Vilamirón

Parroquias de Pantón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pantón

Acedre (San Romao) | Atán (Santo Estevo) | Cangas (Santiago) | Castillón (Santiago) | Deade (San Vicente) | Eiré (San Xulián) | Espasantes (Santo Estevo) | Ferreira de Pantón (Santa María) | Frontón (San Xoán) | Mañente (San Mamede) | Moreda (San Romao) | Pantón (San Martiño) | Pombeiro (San Vicente) | Ribeiras de Miño (Santo André) | San Fiz de Cangas (San Fiz) | San Vicente de Castillón (San Vicente) | Santalla de Toiriz (Santalla) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Següín (Santo André) | Serode (San Xulián) | Siós (San Martiño) | Toiriz (Santa María) | Toldaos (San Xoán) | Tribás (San Martiño) | Vilamelle (San Cibrao) | Vilar de Ortelle (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rielo Carballo, Isaac (2000). Pantón, historia e fidalguía. Editorial Compostela. ISBN 84-8064-095-2. 
  2. "Mapas da Xunta de Galicia". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]