Cangas, Pantón
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cangas.
| Santiago de Cangas | |
|---|---|
Igrexa de Santiago de Cangas | |
| Concello | Pantón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°27′57″N 7°38′07″O / 42.465925, -7.6354027777778 |
| Área | 5,5 km² |
| Poboación | 54 hab. (2017) |
| Densidade | 9,82 hab./km² |
| Entidades de poboación | 12[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Cangas é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 61 habitantes, deles 29 eran homes e 32 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita coas parroquias pantonesas de San Fiz de Cangas, Serode e Espasantes, polo norte; con Pombeiro polo oeste e polo sur con Frontón e Acedre e coas parroquias de Sober de Vilaescura e Rosende, polo leste.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santiago de Cangas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cangas no concello de Pantón (Lugo) | |
|---|---|
|
Aúde | O Barrio | Cangas | Cima de Vila | Güiande | A Oseira | Outeiro | Pacios | A Panfolía | O Pontón | A Tapada | Vilar |