Eiré, Pantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′2.52″N 07°39′6.42″O / 42.5173667, -7.6517833

Eiré
Eiré 1.jpg
Igrexa da San Miguel de Eiré.
Concello Pantón
Provincia Lugo
Área 14,8 km²
Poboación 270 hab. (2007)
Densidade 18,24 hab./km²
Entidades de poboación 16

San Xulián de Eiré é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 270 habitantes, deles 129 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Delimita cas parroquias pantonesas de Vilar de Ortelle e San Vicente de Castillón polo norte; con Castillón, Ferreira de Pantón e Deade polo leste, con Següín polo sur e con Atán polo suroeste.[1]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia sitúase a igrexa de San Miguel de Eiré, de feitura románica e declarada Ben de Interese Cultural.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Eiré[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Eiré no concello de Pantón (Lugo)

O Barrio | A Casanova | A Costa | A Estrada | Faramontaos | Ferreiroá | Freixedo | Guítara | A Morá | O Mosteiro | Nadal | Pedragude | Ramos | Rodiz | San Xulián | A Santa Mariña

Parroquias de Pantón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pantón

Acedre (San Romao) | Atán (Santo Estevo) | Cangas (Santiago) | Castillón (Santiago) | Deade (San Vicente) | Eiré (San Xulián) | Espasantes (Santo Estevo) | Ferreira de Pantón (Santa María) | Frontón (San Xoán) | Mañente (San Mamede) | Moreda (San Romao) | Pantón (San Martiño) | Pombeiro (San Vicente) | Ribeiras de Miño (Santo André) | San Fiz de Cangas (San Fiz) | San Vicente de Castillón (San Vicente) | Santalla de Toiriz (Santalla) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Següín (Santo André) | Serode (San Xulián) | Siós (San Martiño) | Toiriz (Santa María) | Toldaos (San Xoán) | Tribás (San Martiño) | Vilamelle (San Cibrao) | Vilar de Ortelle (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]