Toldaos, Pantón
| Toldaos | |
|---|---|
Igrexa de San Xoán de Toldaos | |
| Concello | Pantón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°30′44″N 7°35′15″O / 42.512216666667, -7.5874055555556 |
| Área | 3,8 km² |
| Poboación | 51 hab. (2017) |
| Densidade | 13,42 hab./km² |
| Entidades de poboación | 2[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán de Toldaos é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 61 habitantes, deles 27 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón un estancamento en relación ao ano anterior, 2006.
Esta parroquia conta cunha asociación de veciños cunha gran actividade socio-cultural ao longo de todo o ano. Organizando o baile do "Domingo de Entroido" típico nesta parroquia; o festival "O Son da Aldea", en 2025 realizaron a súa 4ª edición ou mesmo pola noite de ánimas levan a cabo unha pasaxe do terror.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo ten a súa orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Toledo.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita coas parroquias pantonesas de Moreda polo norte; Mañente polo sur e Pantón polo oeste. Tamén limita coa parroquia de Monforte de Lemos de A Vide polo leste.[3]
Galería
[editar | editar a fonte]Unha serie de imaxes que amosan os elementos que hai nesta freguesía pantonesa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Toldaos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Toldaos no concello de Pantón (Lugo) | |
|---|---|
Parroquias de Pantón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ VILLARES, R.: Historia de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, 2004 (páx. 86).
- ↑ "Mapas de Xunta de Galicia".