Següín, Pantón
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Següín.
| Següín | |
|---|---|
Igrexa parroquial de Següín | |
| Concello | Pantón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°29′53″N 7°39′13″O / 42.498138888889, -7.6537222222222 |
| Área | 3,6 km² |
| Poboación | 53 hab. (2017) |
| Densidade | 14,72 hab./km² |
| Entidades de poboación | 2[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo André de Següín é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 51 habitantes, deles 29 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita coas parroquias pantonesas de Eiré e Ferreira de Pantón polo norte; Deade polo leste; San Fiz de Cangas e Pombeiro polo sur e Atán polo oeste.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Següín
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Següín no concello de Pantón (Lugo) | |
|---|---|