Pierre Grimal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPierre Grimal
Biografía
Nacemento(fr) Pierre Antoine Grimal Editar o valor em Wikidata
21 de novembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
15.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (pt) Traducir

← Robert-Henri Bautier (pt) TraducirAndré Caquot (pt) Traducir →
Presidente Q110246110 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, Antigüidade clásica, civilización antiga e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlatinista , historiador da arte , escritor , filólogo clásico , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAlexandre Grandazzi (pt) Traducir, Nicole Boëls-Janssen (en) Traducir, Henri Lavagne (en) Traducir, Jean Andreau (pt) Traducir, André Arcellaschi, Jean-Louis Ferrary (pt) Traducir, Carlos Lévy (pt) Traducir, Pollux Hernúñez, Pascal Arnaud (pt) Traducir e Hourig Sourouzian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClaude-Edmonde Magny (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosNicolas Grimal (pt) Traducir, François Grimal (pt) Traducir, Florence Dupont (pt) Traducir, Claire Grimal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Pierre Antoine Grimal, nado en París (15º distirto) o 21 de novembro de 1912[1] e finado na mesma cidade (no 5º distrito) o 2 de novembro de 1996, foi un historiador e latinista francés especializado na lingua, literatura e filoloxía latinas e na civilización romana. Contribuíu a promove-lo coñecemento do patrimonio cultural da antiga Roma, tanto entre os especialistas como entre o público en xeral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na École Normale Supérieure en 1933, e recibiu o terceiro lugar na "agrégation de lettres" en 1935. Foi membro da École française de Roma (1935-1937) e despois ensinou latín nun instituto de Rennes.[2]

Traballou como profesor de civilización romana nas facultades de Caen e Bordeos, e finalmente na Sorbona, onde foi profesor emérito durante trinta anos. Publicou estudos sobre a civilización romana, dos que moitos tomos o foron na serie "Que sais-je?", e traducións de autores clásicos latinos (Cicerón, Séneca o Mozo, Tácito, Plauto, Terencio). Na súa xubilación, tamén publicou biografías e historias ficticias (Mémoires d’Agrippine, Le procès Néron), máis destinadas ao público en xeral.

Defendeu e promoveu a lingua francesa como membro do Comité de Honra da “Asociación para a salvagarda e a expansión da lingua francesa” (ASSELAF), ao igual que Philippe de Saint Robert, Roger Minne, Christian de Duve ou Maurice Reims.[3]

Participou na promoción da cultura latina coa asociación Vita Latina,[4] así como coa asociación internacional Academia Latinitati Fovendae (ALF) que ten a súa sede en Roma e da que é un dos moitos cofundadores en 1967. Esta última tiña como obxectivo espalla-la cultura latina ao tempo que actualizaba a lingua ás condicións modernas.[5] En abril de 1971, asinou o "chamamento aos profesores" lanzado polo Instituto de Estudos occidentais tras a dimisión de Robert Flacelière como director da École normale supérieure.[6]

Foi director editorial da Revue des études latines entre 1977 e 1989. Pertenceu á Sociedade Francesa de Arqueoloxía Clásica e da Sociedade Francesa de Exiptoloxía, alén de diversas outras academias de diversos países. Foi premiado pola Academia Francesa en 1962, 1964 e1987.[7]

Deixou a que se considera unha definición clásica de mito:[8]

“É a Grecia á que lle debemos o nome e a propia noción de mitoloxía. A mente helénica opúxose, como dous modos de pensamento antitéticos, logos e mythos, “razoamento” e “mito”. O primeiro é todo o que se pode explicar racionalmente, todo o que chega a unha verdade obxectiva, e que é idéntico para todas as mentes. O segundo é todo o que apela á imaxinación, todo o que non é susceptible de comprobación, senón que leva en si a súa verdade, na súa verosimilitud, ou, o que é o mesmo, o poder de persuasión que lle dá a súa beleza”.

Ao final da súa vida, fixo campaña con Jacqueline de Romilly, pola preservación do ensino das humanidades no ensino secundario

Foi soterrado en Jouy-en-Jossas.[9]

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • 1951, Dictionnaire de la mythologie grecque et romaine, publicadas por PUF.
  • 1953, Le siècle des Scipions, Rome et l’Hellénisme au temps des guerres puniques, Aubier (2ª edición en 1975).
  • 1954, Les villes romaines, PUF Que sais-je ? no 657 (7ª edición, 1990).
  • 1954, Petite histoire de la mythologie et des dieux, Fernand Nathan.
  • 1955-2007, Grammaire latine (en colaboració con Adrien Cart, Jacques Lamaison e Roger Noiville), ed. Nathan.
  • 1955, Dans les pas des césars, Hachette.
  • 1955, Horace, Editions du Seuil.
  • 1958, Romans grecs et latins, Bibliothèque de la Pléiade.
  • 1960, La civilisation romaine (Collection «Les grandes civilisations»), Arthaud (4ª edición en 1970).
  • 1961, À la recherche de l’Italie antique, Hachette Livre, 1961 (Premio Marie-Eugène Simon-Henri-Martin da Academia francesa, apartado historia, en 1962).[7]
  • 1964, Mythologies, Larousse.
  • 1963, L’Amour à Rome, Belles Lettres, 1979? (Premio Broquette-Gonin da Academia francesa, apartado literatura, en 1964).[7]
  • 1965, La littérature latine, PUF, colección Que sais-je? n° 376
  • 1965, Histoire mondiale de la femme, Nouvelle Librairie de France.
  • 1965, Le siècle d’Auguste, PUF Que sais-je? n° 676.
  • 1968, Essai sur l’art poétique d’Horace, Paris SEDES.
  • 1971, Le guide de l’étudiant latiniste, PUF.
  • 1977, Etude de chronologie cicéronienne, Les Belles Lettres
  • 1979, Italie retrouvée, PUF.
  • 1979, L’amour à Rome, Belles Lettres.
  • 1985, Virgile ou la seconde naissance de Rome, Arthaud.
  • 1986, Rome, la littérature et l'histoire, École française de Rome.
  • 1986, Cicéron, Fayard (Gran premio Gobert da Academia francesa, apartado historia, en 1987).[7][10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Pierre Grimal foi membro de:

  • Asociación internacional Academia Latinitati Fovendae (ALF) para apoia-la difusión do latín e da súa cultura.

Premios da Academia Francesa[editar | editar a fonte]

Premio do Instituto Nacional de Estudos romanos[editar | editar a fonte]

  • Premio honorario "Cultori di Roma", concedido en 1993.[18]
  • Foi noeado oficial da Lexión de Honra francesa; grande oficial da Orde Nacional do Mérito; comendador da Orde das palmas académicas e comendador da Orde das artes e das letras,[11] da promoción do 10 de abril de 1995.[19]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

De 1935 a 1944, Pierre Grimal foi o marido de Claude-Edmonde Magny (1913-1966), muller de letras e crítica literaria francesa. Logo casou con Geneviève Borel quen morreu en 1985. Volveu casar con Laurence Piel.

Seus fillos son: a libreira Claire Grimal, a latinista Florence Dupont,[20] o especialista en sánscrito François Grimal (EFEO), o director de laboratorios farmacéuticos Antoine Grimal, o exiptólogo Nicolas Grimal e o xurista Benoite Grimal-Filleteau. Tivo once netos entre os que figuran tanto científicos como figuras literarias, sen esquecer a artistas como o violinista David Grimal, a saxofonista e compositora Alexandra Grimal ou a artista plástica Marie Preston.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grimal". archives.paris.fr (en francés). p. 24. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  2. "Pierre Grimal". lecturalia.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  3. "Comité d’honneur de l’Asselaf". asselaf.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Arcellaschi, André (1997). Presses Universitaires de Bordeaux, ed. "Pierre Grimal (1912-1996)". Revue des Études Anciennes (en francés) 99 (1-2): 5–6. ISSN 2540-2544. doi:10.3406/rea. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  5. Buzaré, Elen (10 de xaneiro de 2014). "L’Academia Latinitati Fovendae (ALF)". arretetonchar.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  6. Redacción (23 de abril de 1971). "L'INSTITUT D'ÉTUDES OCCIDENTALES LANCE UN " APPEL AUX ENSEIGNANTS"". lemonde.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 "Pierre GRIMAL". academie-francaise.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  8. Grimal, Pierre (2008). Récits et légendes de l'Olympe. Colección: Dieux, mythes & Héros (en francés). París: Larousse. p. 7. ISBN 978-2-03-583944-2. 
  9. "Pierre GRIMAL". landrucimetieres.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  10. "Grand Prix Gobert". academie-francaise.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Danesi, Henri (7 de outubro de 2013). "GRIMAL Pierre Antoine". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  12. "Pierre Antoine Grimal". academieroyale.be (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  13. "ANNUAIRE DES MEMBRES (1873-2011)" (PDF). efrome.it (en francés). 2010. p. 64. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  14. "Société des études latines". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  15. "Société française d'archéologie classique (SFAC)". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  16. "Société française d'égyptologie (SFE)". /cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  17. "Société nationale des antiquaires de France (SNAF)". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  18. "Cultori di Roma". studiromani.it (en italiano). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  19. Archives nationales (2002). "Culture ; Cabinet et services rattachés au Ministre ; Cabinet ; Bureau Cabinet (1962-2000)" (PDF). archive.wikiwix.com (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  20. "Florence Dupont : "Rome ne s'est pas faite en un peuple"". lepoint.fr (en francés). 7 de xullo de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]