Piero della Francesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Resurrection detail.JPG
Autorretrato, detalla de Resurrección
Nacemento1415 e 1416
 Sansepolcro
Falecemento12 de outubro de 1492
 Sansepolcro
NacionalidadeItalia
EidoPintura, fresco
MovementoRenacemento italiano
editar datos en Wikidata ]

Piero della Francesca, nado en Sansepolcro en 1415[1] e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1492, foi un pintor italiano do Quattrocento. Igual que os grandes mestres do seu tempo, Piero destacou sempre pola creatividade en relación ao pasado medieval, presentando técnicas e temáticas innovadoras como o uso da tea e da pintura ao óleo, o retrato, a representación da natureza, o nu, e, especialmente, a perspectiva e a creación do volume. No século XV, Piero della Francesca, desenvolveu unha pintura persoal e solemne, mesturando formas xeométricas e cores intensas. A súa pintura diferénciase pola utilización da xeometría espacial e abstracción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñécese pouco sobre a biografía do artista.[2] Naceu en Borgo Santo Sepolcro,[1] na rexión da Toscana, fillo do riquísimo comerciante de tecidos Benedetto de' Franceschi, co nome de Pietro Franceschi e polo tanto pertencía a unha das máis distinguidas familias aristocráticas da historia da Toscana e de Italia. Co nome artístico de Piero della Francesca, Pietro posibelmente estudou cos artistas de Siena, onde viviu. En 1439, traballaba con Domencio Veneziano nos frescos para o hospital de Santa Maria Nuova, en Florencia. Tamén traballou en Rimini, Roma e Ferrara, onde a súa influencia se aprecia no traballo alegórico de Cosimo Tura. Entre os seus discípulos está Melozzo da Forlì.

En Arezzo, próximo á súa cidade natal, creou o políptico Misericordia (1462?) e o fresco Resurrección (1460?), onde empregou varias perspectivas. O conxunto de frescos realizados para a capela de San Francisco de Arezzo representan A Lenda da Verdadeira Cruz (1452-59) e son os máis representativos do seu traballo. A obra incompleta A Natividade encóntrase actualmente en Londres. É da súa autoría o díptico que retrata os duques de Urbino, Frederico de Montefeltro e a súa esposa, Battista Sforza. De feito, tal obra sería, no século XX, de importancia fundamental para a aparición do cubismo, pois foi obxecto de estudos por parte de Picasso, Braque e outros, en función da construción case xeométrica dos rostros retratados. Cando comezou a ficar cego, Piero pasou a dedicarse á matemática, escribindo o tratado De prospectiva pingendi.

Características[editar | editar a fonte]

O sentido poético da arte de Piero della Francesca exprésase no sentimento de intemporalidade transmitido pola harmonía dos tons claros e polo tratamento dado ás figuras, tratadas en volumes simples. O termo que mellor define a súa arte é "tranquilidade", o que non dispensa un tratamento técnico rigoroso. O estudo da perspectiva, especialmente, absorbeu o pintor, dedicando os últimos anos da súa vida a escribir tratados sobre matemática e perspectiva. A súa obra caracterízase por unha dignidade clásica, similar a Masaccio.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O Bautismo de Cristo: utiliza a paisaxe da rexión da Umbria. Orixinalmente era o panel central dun gran tríptico.
  • A Flaxelación: unha das súas máis famosas pinturas. Foi executada cando Piero visitou Urbino. Enténdese que Piero tamén era consciente das innovacións arquitectónicas da época.
  • A Natividade: unha das últimas obras de Piero.
  • A Resurrección de Cristo
  • A Historia da Santa Cruz: forma parte dunha secuencia de frescos na igrexa de San Francesco, na cidade de Arezzo. Os frescos contan a historia da "Verdadeira Cruz", a madeira que foi usada na cruz de Cristo.
Pinturas de Piero della Francesca
Santo Agostiño (1455-60) no MNAA, Lisboa 
Sacra Conversazione (Pala di Brera) (1472) na Pinacoteca de Brera, Milán 
Bautismo de Cristo (1448-50) na National Gallery, Londres 
Flaxelación (c. 1455) na Galleria Nazionale delle Marche, Urbino 
Resurrección (c. 1460) no Museo Cívico de Sansepolcro 
Políptico da Misericordia (1460-62) no Museo Cívico de Sansepolcro 
Políptico de Santo Antonio (c. 1470), na Galleria Nazionale dell'Umbria 
A Historia da Vera Cruz (1452-66) na Basílica de San Francisco de Asís, Arezzo 
Retrato duplo dos duques de Urbino (1465-66) na Galleria degli Uffizi, Florencia 
Hércules (c. 1465) no Isabella Stewart Gardner Museum, Boston 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Turner, A. Richard (1976). "Piero della Francesca". En William D. Halsey. Collier's Encyclopedia 19. New York: Macmillan Educational Corporation. pp. 40–42. 
  2. Lankowski, cit., páx. 6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]