Petro (criptomoeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Petro (criptomoeda)
Petro (cryptocurrency) logo.png2017 PETRO.jpg
Logotipo actualLogotipo primitivo
Código:PTR
Ámbito:Flag of Venezuela.svg Venezuela
Rusia Rusia (de facto)[1]
Símbolo:
Fracción:Mene (1/100.000.000)
Emisor:Goberno de Venezuela
Taxa de troco:
Barril de petróleo da cesta de cru venezolano
Troco actual

O petro (símbolo bolsista: PTR) é unha criptomoeda de orixe venezolana baseada na tecnoloxía da cadea de bloques e apoiada polas reservas de varios recursos naturais daquel país, como petróleo, ouro, diamantes e gas.[2] Cada petro está apoiado por un barril de petróleo da cesta de cru venezolano.[3]

A moeda foi suxeito de críticas, algunhas das cales sosteñen que non se trata dunha verdadeira criptomoeda por non ser descentralizada e, mesmo, sitios web como ICOindex cualificárono como unha estafa.[4][5]

Caracterización[editar | editar a fonte]

Entre as características que definen o petro cómpre salientar as seguintes:

  • Apoio estatal de reservas de recursos naturais como petróleo, gas, ouro e diamantes.[6]
  • Posibilidade de transaccións internacionais e sen intermediarios.[7]
  • O rexistro de transaccións dixitais da moeda efectúase a través do Observatorio Blockchain de Venezuela, organismo adscrito ao Ministerio de Educación Universitaria, Ciencia e Tecnoloxía, e recibe asesoramento de OnixCoin, unha empresa venezolana que xa fundara a súa propia criptomoeda no pasado.[8]
  • Do mesmo xeito que o bitcoin, a súa división máis pequena é de oito decimais (10−8), e a esta porción denomínaselle "mene".[9][10]
  • Segundo a lexislación venezolana, un petro equivale a un "contrato compra-venda por un barril de petróleo da cesta de cru venezolano ou calquera materia prima que decida a nación". O 27 de decembro de 2017 oficializáronse 5.000 millóns de barrís de petróleo como sostén para o petro. Tamén se prevé a certificación de ouro e diamantes.[11][12]
  • O petro mantén algoritmos matemáticos encriptados que non permiten a interceptación de axentes externos ao seu.[13]
  • As transaccións electrónicas realízanse sen medidor ningún; son inmediatas e non teñen comisións.[14]
  • O petro pode ser trocado a través de casas de cambios virtuais.[15][16]
  • Pode ser usado para pagamentos relacionados coa Administración venezolana, tales como: impostos, obrigas, taxas, contribucións e servizos públicos nacionais.[17]
  • É unha critpomoeda parcialmente preminada (prevalidada) e prevese que as seguintes emisións sexan minables (validables), co fin de ter control de todas as moedas baixo unha oferta inicial de moeda, estilo poxa.[18][19] O petro pode ser minado ou validado polos cidadáns venezolanos co uso de computadores comúns, sen características especiais.[20][21]
  • A venda do petro realízase mediante fichas dixitais, que poderán ser intercambiadas por petros no futuro e que se prevé que cheguen a estar dispoñibles nas casas de intercambio electrónico de todo o mundo.[22]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O 3 de marzo de 2009 o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, durante unha xira por Medio Oriente e Asia para incrementar os prezos do petróleo, formulou a idea de crear unha moeda internacional denominada petro, que estivese sustentada principalmente polas reservas petroleiras dalgúns países do mundo membros da OPEP, e criticou a ruptura de Estados Unidos con respecto ao padrón ouro.[23][24] En abril de 2016 emitiuse unha criptomoeda apoiada no ouro, chamada DigixDAO, e en setembro de 2017, o ministro de Agricultura e Terras de Venezuela apoiou a creación de moedas dixitais estatais que se baseasen no padrón ouro ou noutros recursos dos diversos países do mundo para "preservar a integridade da humanidade", rescatar a economía venezolana e acabar coa hexemonía do dólar estadounidense.[25][26][27]

O 4 de outubro de 2017 tivo lugar o Simposio Intensivo de Criptomoedas, logo dunha proposta feita polo presidente da Asociación Nacional de Criptomoedas de Venezuela ao Comité de Poxas de Divisas do DICOM (Sistema de Divisas de Tipo de Cambio Complementario Flotante de Mercado). Nese foro presentouse formalmente a iniciativa de que o Estado crease o marco legal das criptomoedas.[28]

Eixe cronolóxico[editar | editar a fonte]

  • O 3 de decembro do 2017 o presidente Nicolás Maduro anunciou a creación da moeda dixital despois de que durante máis dun ano cincuenta técnicos traballaran sobre o asunto. Simultaneamente ao anuncio tamén informou acerca da creación formal do Observatorio Blockchain de Venezuela, para se encargar do rexistro das transaccións dixitais.[29][30]
  • O 8 de decembro de 2017 creouse a Superintendencia da Criptomoeda e Actividades Conexas, para o control e a vixilancia do comportamento e da evolución do petro. Para a primeira emisión do petro contouse cun sostén de 267 mil millóns de dólares. A súa entrada no mercado foi mediante unha poxa inicial ou asignación directa.[31][32]
  • O 5 de xaneiro de 2018, Nicolás Maduro anunciou a emisión de cen millóns de petros e informou que o 14 de xaneiro se presentaría o seu libro branco.[33][34] O superintendente do petro asegurou que se realizarían vendas progresivas e que se trataba dunha moeda "preminada" (prevalidada) parcialmente, co que as seguintes emisións serían xa minables (validables).[35]
  • O 9 de xaneiro de 2018 a Asemblea Nacional debateu sobre o petro e declarou nula a primeira e a seguinte emisión da criptomoeda, argumentando os seus opositores que non se trataba dunha verdadeira criptomoeda, senón que representa un contrato de compra-venda a futuro cuxo activo subxacente é un barril de petróleo.[36][37] A raíz desta declaración agudizouse o conflito entre a Asemblea Nacional e o Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela que xa viña duns anos atrás.[38]
  • O 12 de xaneiro de 2018, Nicolás Maduro propuxo o uso do petro nos países membros da ALBA e de Petrocaribe, como "medida de integración económica".[39]
  • O 16 de xaneiro de 2018 o Departamento do Tesouro dos Estados Unidos advertiu os investidores estadounidenses que o uso do petro podería ocasionarlles problemas legais, motivo polo que foi acusado de politizar o asunto por parte da Asociación Nacional de Criptomoedas (ASONACRIP) de Venezuela.[40][41]
  • O 30 de xaneiro de 2018, o Goberno do país caribeño anunciou a publicación do libro branco que contén as condicións e as funcións da criptomoeda, e fixo público o enderezo web oficial da moeda: www.elpetro.gob.ve.[42][43]
  • O 1 de febreiro de 2018 anunciouse a aceptación do petro por parte do Goberno da República como xeito de pagamento de contribucións, impostos e taxas, segundo o prezo do barril de petróleo da cesta venezolana do día inmediatamente anterior.[44]
  • O 20 de febreiro de 2018 fíxose a publicación oficial do Manual do Comprador e anunciouse a apertura do proceso de adquisición de petros.[45] Por outra banda a Nem Foundation declarou a súa receptividade a todas as organizacións e os individuos que desexasen facer uso da súa cadea de bloques e confirmou que o Goberno venezolano tiña a intención de utilizar a súa tecnoloxía, aclarando que o seu apoio era simplemente técnico, carente de connotacións de índole política.[46][47]
  • O 22 de febreiro de 2018 o presidente Maduro informou da recadación de 735 millóns de dólares por medio do petro e anunciou unha nova criptomoeda apoiada no ouro: o "petro ouro".[48][49][50]
  • O 25 de febreiro de 2018 o avogado e doutor en dereito Luís Britto García advertiu dos posibles perigos do petro, salientando os riscos das denominadas "bicicletas cambiarias" por mor da falta dunha lexislación adecuada.[51]
  • O 19 de marzo de 2018 a Casa Branca prohibiu aos cidadáns estadounidenses e ás persoas no seu territorio a adquisición ou negociación de calquera moeda dixital ou activo dixital emitido polo Goberno de Venezuela. A medida entrou en vixencia, de xeito retroactivo, a partir do 9 de xaneiro de 2018.[52][53]
  • O 20 de marzo de 2018 antigos membros do poder xudicial agrupados no Tribunal Supremo de Xustiza no Exterior decidiron anular o decreto polo que se acordou a creación da criptomoeda.[54]
  • O 22 de marzo de 2018 o presidente Maduro declarou que o petro recibiu 220.927 intencións de compra por máis de 5.000 millóns de dólares estadounidenses e anunciou que con petros se podería pagar o transporte público, mobles, inmobles e impostos de empresas exportadoras, e que os operadores turísticos poderán cobrar na devandita moeda dixital. Anunciouse tamén o establecemento de zonas económicas de circulación do petro como moeda de intercambio (a illa de Margarita, Los Roques, Paraguaná e San Antonio del Táchira.[55]
  • O 9 de abril comezou a estar vixente o decreto sobre "criptoactivos e a criptomoeda soberana petro", que recoñece legalmente non só o petro senón calquera outro criptoactivo, abrindo a posibilidade de que calquera persoa natural ou xurídica, pública ou privada que pretenda crear a súa propia criptomoeda faga público un libro branco que explique as condicións de funcionamento e os sustentos cos que conte. Mediante este decreto, delégase no executivo toda a normativa e o control dos criptoactivos habidos e por haber en Venezuela, e nel descríbese e establécese a normativa para a orixe e o funcionamento do petro.[56]
  • O 4 de xullo de 2018, un grupo de catedráticos universitarios advertiu no II Congreso Internacional de Investigación e Innovación Faces 2018 de que a criptoeconomía tería futuro en Venezuela se se lle prestase atención legal ao tema da recadación tributaria.[57]
  • O 25 de xullo de 2018 propúxose novamente a reconversión monetaria para instaurar o "bolívar soberano" e ademais informouse de que, a partir do 20 de agosto dese ano a nova moeda estaría "ancorado ao petro".[58][59][60]
  • O 14 de agosto de 2018, o presidente da República anunciou que a partir do 20 de agosto o petro sería a segunda unidade contable da nación.[61]
  • O 24 de agosto de 2018 a Superintendencia das Institucións do Sector Bancario de Venezuela instruíu os bancos para o manexo do petro como unidade de conta.[62]
  • O 21 de setembro de 2018, máis de quince casas de intercambio de criptomoedas en Venezuela recibiron as indicacións necesarias para que a partir do 1 de outubro de 2018 o petro comezase a funcionar como moeda de intercambio internacional.[63]
  • O 1 de outubro de 2018 anunciouse a venda de petros con bolívares soberanos a partir do 5 de novembro, e remitiuse á Asemblea Nacional Constituínte o proxecto de lei sobre o Sistema Integral de Criptoactivos.[64][65]
  • O 15 de outubro de 2018 orzáronse 20 millóns de petros para a creación do Fondo para o Desenvolvemento de Rexións Produtivas.[66]
  • O 5 de novembro de 2018 a "Plataforma Patria" comezou a permitir o aforro en petros.[67] Para a primeira convocatoria do plan de aforro nesta unidade destináronse catro millóns de petros e estableceuse que ata o 31 de decembro de 2018 fose posible transferir, para quen así o desexar, os devanditos aforros á Billeteira Dixital en Petros.[68][69]
  • O 6 de decembro de 2018, reunidos en Rusia os presidentes Nicolás Maduro e Vladimir Putin, anunciouse a futura venda progresiva do cru venezolano en petros.[70]
  • O 10 de decembro de 2018, máis de 4,3 millóns pensionistas recibiron o terceiro mes de paga extra de medio petro, o cal pode ser cambiado en bolívares ou noutras divisas, ou conservado como aforro na "Plataforma Patria".[71]

Opinións acerca do petro[editar | editar a fonte]

Posicións críticas[editar | editar a fonte]

Varios dirixentes da oposición venezolana criticaron a moeda dixital, con cualificacións como “guiso-moeda” e aducindo que ten como obxectivo distraer a poboación venezolana no medio da crise que atravesa o país.[72][73] O 9 de xaneiro de 2018, a Asemblea Nacional, organismo que segundo o poder xudicial se atopaba en situación de desacato, debateu sobre o petro e declarou nula a primeira e a seguinte emisión da criptomoeda.[74]

O politicólogo Omar Vázquez Heredia cualificou o petro de “neoliberal, extractivista e entreguista”, ao representar unha “privatización de facto”, e negou que se tratase dunha criptomoeda ao ser xestionada por un Estado.[75] Por outra banda, Carlos Fermoso, secretario xeral da partido venezolano Bandeira Vermella, manifestou que é posible que o petro axude a economía do país, aínda que matizando que, desde unha teoría do valor-traballo, as moedas virtuais non necesitan un sostén material, xa que o mesmo traballo de validación lles proporciona valor intrínseco.[76]

Sean Walsh, de Redwood City Ventures, unha empresa de investimento en cadea de bloques e bitcoins expresou que "se unha administración ten un historial de trato inxusto cara á poboación, entón usar unha palabra de moda como "criptomoeda" non vai cambiar esa conduta".[77] Marshall Swatt, fundador de Coinsetter, asegurou que en Venezuela non hai un sistema legal estable e por iso non existen auténticas garantías. Yazan Barghuthi, de Jibrel Network, criticou a falta de credibilidade polo feito de se tratar dun país onde a moeda oficial, o bolívar, colapsou.[78] O economista venezolano Luis Vicente León asegurou que para que o Goberno recupere a confianza para poder pór en marcha o petro se require un "cambio severo no seu modelo económico", e Ricardo Haussman, tamén economista dese país, indicou que tanto a emisión como o uso de fondos debe ser aprobada pola Asemblea Nacional de Venezuela.[79][80]

O economista da organización Ecoanalítica Jean Paul Leidenz opina que a decisión de formar a súa propia cadea de bloques, de xeito diferente a outras criptomoedas, podería infundir desconfianza entre os posibles investidores, á parte do feito de que motivo da creación desta criptomoeda sexa a evitación das sancións estadounidenses, e non tanto a procura das liberdades económicas do pobo venezolano, que ten que lidar co control cambiario.[81][82]

O petro venezolano foi catalogado como estafa polo sitio ICOindex, e o intercambio Bitfinex negou ter intencións de negociar nin co petro nin con ningunha outra criptomoeda venezolana.[83][84]

Posicións favorables[editar | editar a fonte]

O xornalista e cineasta estadounidense Max Keiser asegurou que a iniciativa do petro é un bo xeito de loitar contra o imperialismo estadounidense e que é “unha excelente maneira de iniciar a creba desa cadea colonial” e evadir sancións; no entanto, asegurou que o seu éxito depende de que se deseñe e se manexe correctamente, e que se combata a hiperinflación co deseño dunha moeda deflacionaria.[85][86]

Garrick Hileman, economista e investigador da Universidade de Cambridge, considerou que o petro é viable "se se arma adecuadamente" e podería solucionar algúns dos problemas de Venezuela; no entanto, recomendou ter un custodio independente que garanta en situacións de falta de pagamento que as materias primas cheguen aos acredores.[87]

O economista e Premio Nacional de Ciencias Víctor Álvarez indicou que co petro se está no camiño dunha reforma monetaria para un novo cono monetario dixital, xa que será utilizado primeiro como pagamento a provedores e contratistas, así como de nóminas públicas e de impostos.[88]

Para o economista Leonardo Galindo, o petro é unha moeda antiinflacionaria debido a que dun xeito inverso ao da circulación do diñeiro tradicional, as criptomoedas xorden da poboación, atinxen logo o sistema bancario e chegan finalmente aos bancos centrais.[89]

Cotización do petro[editar | editar a fonte]

A cotización diaria pódese consultar na páxina web oficial do Goberno de Venezuela dedicada ao petro ver en liña.

Cotización do petro
Tempo Renminbi Euro Lira turca Rublo Dólar canadense Libra esterlina Franco suízo Rupia Dólar estadounidense
24/08/2018 412,84 51,98 369,18 4 091,40 78,53 46,81 59,17 4 206,60 60,00
23/08/2018 410,61 51,70 363,52 4 084,52 77,95 46,44 58,97 4 192,20 60,00
22/08/2018 411,00 51,84 363,55 4 035,25 78,26 46,48 59,13 4 192,20 60,00
21/08/2018 412,80 52,43 364,77 4 023,36 78,35 47,05 59,73 4 206,60 60,00

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shuster, Simon. "Exclusive: Russia Secretly Helped Venezuela Launch a Cryptocurrency to Evade US Sanctions". Time. 20 de marzo de 2018.
  2. García Marco, Daniel. "El presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anuncia la creación del "petro", una criptomoneda respaldada "en petróleo, oro, gas y diamantes"". En BBC Mundo. 4 de decembro de 2017.
  3. Gómez, Iván. "Maduro decreta que cada Petro equivaldrá a un barril de petróleo canjeable por crudo físico". En CriptoNoticias. 20 de decembro de 2017.
  4. Quijije, Jorge. "Especialistas en ICOs califican al Petro como una estafa". En Coincrispy. 26 de marzo de 2018.
  5. Bastardo, Javier. "Rankings especializados califican el petro como una estafa". En CriptoNoticias.com. 26 de marzo de 2018.
  6. "Un petro, un barril de petróleo: así busca Nicolás Maduro respaldar la "criptomoneda" del gobierno de Venezuela". En BBC Mundo. 28 de decembro de 2017.
  7. "10 ventajas del Petro, la criptomoneda venezolana". Goberno de Venezuela.
  8. "OnixCoin, la “asesora” de Maduro en su invento de imponer criptomoneda chavista". En El Cooperante. 13 de decembro de 2017.
  9. Durden, Tyler. "Venezuela's Petro: Stable Coin For Crypto-Economy Or Illegal Oil Futures?". En Zero Hedge. 24 de febreiro de 2018.
  10. "The Petro White Paper tl;dr". En Wholeonomics. 31 de xaneiro de 2018.
  11. Jotave. "El Petro ¿Una nueva generación de stablecoin o monedas estables se acerca?", En Ciencia con Conciencia. 31 de julio de 2018.
  12. "5 millardos de barriles de petróleo respaldarán al petro". En El Nacional. 27 de decembro de 2017.
  13. Álvarez, Víctor. "Cinco claves para evaluar si el petro puede ser una criptomoneda". En El Estímulo. 13 de decembro de 2017.
  14. "El valor del Petro ¡Entérate cuánto costará!". En Notitarde. 2 de xaneiro de 2018
  15. "Certifican casas de cambio virtuales para la criptomoneda Petro". En DesdeLaPlaza.com.
  16. "Activadas casas de cambios virtuales para la criptomoneda petro". En El Mundo Economía y Negocios. 6 de xaneiro de 2018.
  17. Petro. Hacia la revolución digital económica (Libro Branco do petro). Páxina 4.
  18. Terán, Gregorio. "Gobierno admite que el petro no será minable y se asignará por subastas". En El Estímulo. 1 de setembro de 2018.
  19. "La criptomoneda Petro no será minable, sino preminada por el Estado". En Dinero. 9 de xaneiro de 2018.
  20. Gómez Torres, Rafael. "Minero de criptomonedas venezolano: “somos los más buscados por la policía". En CriptoNoticias.com. 13 de outubro de 2018.
  21. Bastardo, Javier. "Venezuela producirá su propio hardware para minar criptoactivos, según Corpivensa". En CriptoNoticias.com. 14 de febreiro de 2018.
  22. "Comienza la preventa del token del Petro". En Bitcoin.net. 5 de marzo de 2018.
  23. Silva, Jorge / Reuters. "El 'petro', la criptomoneda venezolana que surgió de una idea de Hugo Chávez". En RT. 7 de decembro de 2017.
  24. "Chávez había anunciado una moneda llamada Petro en 2009". En El Nacional. 4 de decembro de 2017.
  25. "OpenLedger crea criptomoneda DigixDAO (DGD), basada en Ethereum y respaldada en oro". En CriptoNoticias.com. 29 de abril de 2016.
  26. "Criptomonedas son opción frente al dólar". En Nuevo Diario. 7 de setembro de 2017.
  27. "Castro Soteldo recomienda uso de monedas digitales para rescatar economía". En El Nacional. 5 de setembro de 2017.
  28. Vídeo proxectado no Simposio Intensivo de Criptomonedas (4 de setembro de 2017). Ver vídeo
  29. "Conoce cuáles son las ventajas del Petro, la criptomoneda venezolana". En AVN. 8 de xaneiro de 2018.
  30. "Anuncia Maduro el lanzamiento de criptomoneda para Venezuela". En DW. 3 de decembro de 2017.
  31. "Creada Superintendencia de la Criptomoneda en Venezuela". Observatorio Blockchain de Venezuela. 9 de decembro de 2017.
  32. "Colocación inicial del petro se hará a través de subasta o asignación directa". En El Estímulo.com. 1 de marzo de 2018.
  33. "Maduro anuncia la emisión de 100 millones de Petros". En Prodavinci.com. 1 de maio de 2018.
  34. "Venezuela emite moneda virtual para rescatar la economía nacional". En HispanTV.com. 6 de xaneiro de 2018.
  35. "Superintendente de la Criptomoneda: Ya se transan $ 3 millones diarios en intercambio de criptoactivos". En NoticieroDigital.com. 9 de xaneiro de 2018.
  36. "Asamblea Nacional declara nulo el acuerdo de emisión del Petro". En Prodavinci. 1 de setembro de 2018.
  37. "Las cinco mentiras más repetidas sobre el petro, la criptomoneda venezolana". En RT. 11 de xaneiro de 2018.
  38. "Tribunal Supremo de Venezuela declara "en desacato" a la Asamblea Nacional de mayoría opositora". En BBC News. 11 de xaneiro de 2016.
  39. "Venezuela propone al Alba y Petrocaribe la implementación de la criptomoneda Petro". En Correo del Orinoco. 12 de xaneiro de 2018.
  40. Reuters. "EEUU advierte a inversores sobre criptomoneda venezolana". 16 de xaneiro de 2018.
  41. "Álvarez: Departamento de Tesoro de EEUU intenta politizar tema del Petro". En Unión Radio. 29 de xaneiro de 2018.
  42. "Maduro firma Libro Blanco del Petro y pide acelerar funcionamiento de la criptomoneda venezolana". En Correo del Orinoco. 30 de xaneiro de 2018.
  43. "Gobierno Bolivariano anuncia portal web de El Petro. www.elpetro.gob.ve". Ver vídeo
  44. "Gobierno de Venezuela pretende imponer uso de criptomoneda «petro» desplazando al bolívar". En AltaDensidad.com. 1 de febreiro de 2018.
  45. Crespo, Indira. "(Manual del comprador en PDF) ¿Cómo adquirir el Petro?". En Punto de Corte. 20 de febreiro de 2018.
  46. "About the NEM Foundation". En NEM.io
  47. Comunicado da Nem Fundation en Twitter: "The NEM technology is freely open to any individual or organization that wants to use it. The NEM Foundation abstains from political endorsements. We can confirm that the Venezuela Government is intending to use the NEM Blockchain".
  48. Reuters. "Tras el petro, Venezuela lanzará criptomoneda respaldada por oro". 21 de febreiro de 2018.
  49. Reuters. "Venezuela aims for crypto alchemy with new 'petro gold' token". 21 de febreiro de 2018.
  50. Gilbert, David. "Venezuela is launching yet another cryptocurrency to save the economy". En Vice News. 22 de febreiro de 2018.
  51. "La advertencia de Luis Britto Garcia sobre la criptomoneda El Petro". En Televen. Ver vídeo
  52. "Executive Order on Taking Additional Steps to Address the Situation in Venezuela". En Whitehouse.gov. 19 de marzo de 2018.
  53. "Trump emite decreto con nuevas sanciones a Venezuela por su criptomoneda". CNN Español. 19 de marzo de 2018.
  54. "TSJ en el exilio anuló decretó en el que se acordó creación del “petro” de Maduro". En ElCooperante.com. 20 de marzo de 2018.
  55. "En claves: los anuncios de Maduro de este jueves sobre el petro". En El Nacional. 22 de marzo de 2018.
  56. "Decreto Constituyente sobre criptoactivos y la criptomoneda soberana Petro". Gaceta Oficial de la República Bolivariana de Venezuela. 9 de abril de 2018.
  57. "Criptoeconomía solo tiene futuro en el país con aplicación de leyes". En Notitarde. 4 de xullo de 2018.
  58. Vasquez, María. "Reconversión monetaria eliminará cinco ceros al bolívar". En El Universal. 25 de xullo de 2018.
  59. "Reconversión monetaria inicia el 20 de agosto: Se restarán cinco ceros al cono monetario y se anclará al Petro". En Alba Ciudad 96.3 FM. 25 de xullo de 2018.
  60. "Maduro: Bolívar Soberano contará con base de cambio e intercambio anclado en El Petro". En Últimas Noticias. 26 de xullo de 2018.
  61. "Presidente Maduro: El petro va a ser la segunda unidad contable del país". En Sundde.gob.ve. 14 de agosto de 2018.
  62. "Sudeban ordena a la banca adoptar el petro como unidad de cuenta". En Globovisión. 24 de agosto de 2018.
  63. "El Petro funcionará como moneda de intercambio internacional desde el 1ro de octubre". Goberno de Venezuela. 1 de outubro de 2018.
  64. "El Petro podrá comprarse en Bolívares Soberanos desde el próximo 5 de noviembre". Correo del Orinoico. 1 de outubro de 2018.
  65. "El Petro podrá adquirirse en bolívares soberanos a partir del 5 de noviembre". Banco Central de Venezuela. 2 de outubro de 2018.
  66. "Presidente Maduro anunció creación de Fondo para Regiones Productivas". En Sundde.gob.ve. 16 de outubro de 2018.
  67. "Plan de ahorro en Petro en la Plataforma Patria". En Patria. 5 de novembro de 2018.
  68. "SUNACRIP. Primera convocatoria del Plan de Ahorro en Petro". Superintendencia Nacional de Crptoactivos y Actividades Conexas.
  69. "Opción especial para el plan de Ahorro en Petro". En Patria. 7 de novembro de 2018.
  70. "El crudo venezolano se venderá en Petros en 2019". En Notitarde. 6 de decembro de 2018.
  71. Hernández, Dolores. "Adultos mayores recibieron tercer mes de aguinaldo en Petro". En Radiomundial.com.ve. 10 de decembro de 2018.
  72. "Juan Guaidó calificó al Petro como una “guiso moneda”". En El Nacional. 27 de decembro de 2017.
  73. "José Guerra: “Arranca mal la petromoneda”". En El Nacional. 3 de decembro de 2017.
  74. "Asamblea Nacional declarará nula emisión del petro". En Runrun.es. 9 de xaneiro de 2018.
  75. Vázquez Heredia, Omar. "El "Petro" es neoliberal". En Aporrea. org. 7 de decembro de 2017.
  76. Hermoso Conde, Carlos. "Petro: Pote de humo y algo más". En Bandera Roja. 6 de decembro de 2017.
  77. "Análisis: La criptomoneda “Petro” de Maduro hereda la falta de credibilidad del gobierno bolivariano". En Lapatilla.com. 5 de decembro de 2017.
  78. Reuters. "La criptomoneda de Maduro hereda la falta de credibilidad de Venezuela, según expertos". 6 de decembro de 2017.
  79. Rodríguez, Thiany. "Criptomoneda nacional requiere de “confianza”". En Panorama. 5 de decembro de 2017.
  80. Martín, Sabrina. "El Petro, la “criptomadurada” que viola el sentido común y la ley venezolana". En Panam Post. 5 de xaneiro de 2018.
  81. "The Blockchain Will Do to Banks and Law Firms What the Internet Did to Media". En Harvard Business Review. 8 de marzo de 2017.
  82. Larotta, Jairo. "Fracaso de criptomonedas Petro y Petro Oro por ausencia del Bs.Oro Divisa". En Aporrea.net. 26 de febreiro de 2018.
  83. Cumana, Jennifer. "Bitfinex prohíbe transacciones con El Petro venezolano". En Criptotendencias. 28 de marzo de 2018.
  84. "Bitfinex rechaza todas las criptomonedas venezolanas presentes y futuras". En Cripto Tendencia. 30 de marzo de 2018.
  85. "Max Keiser: El Petro solucionará los problemas de Venezuela… si se diseña correctamente". En Elabrelata.com.
  86. "Mensaje caliente: Esto dice experto en criptomonedas sobre “El Petro” anunciado por Maduro". En Laiguana.tv. 4 de decembro de 2017.
  87. Gozzer Stefania. "¿Cuán viable es que el petro, la criptomoneda de Venezuela, sirva para aliviar la crisis en el país?". En BBC News. 4 de decembro de 2017.
  88. "Gobierno pretende imponer el petro como forma de pago". En El Nacional. 1 de febreiro de 2018.
  89. "El Petro propiciará acceso a nuevas formas de financiamiento internacional". En Ciudadccs.info. 9 de febreiro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]